Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Diputados y senadores del PP solo ven agravio presupuestario por parte del Gobierno central

Deputados e senadores do PP denuncian que os orzamentos xerais do Estado supoñen un retroceso para a provincia

Explican que todos os investimentos que se inclúen xa estaban no documento de 2018, pero reservan “partidas pantasmas” para algúns e, directamente, hai proxectos que deixan fóra.


Din que Pontevedra perde competitividade, ao non estar incluídos nos fondos europeos e de reconstrución, co aumento do imposto do diésel ou co Corredor Atlántico, para o que destinan 300 millóns menos que para o do Mediterráneo.


Recordan que a gratuidade da peaxe de Redondela chega dous anos tarde.


PONTEVEDRA .- Os deputados nacionais e senadores do Partido Popular lamentan que o descenso tan acentuado nos investimentos para Galicia que recollen os orzamentos xerais do Estado, e que supoñen unha baixada de máis de 100 millóns de euros con respecto aos orzamentos en vigor, os aprobados polo goberno de Mariano Rajoy en 2018, e que son os máis baixos da comunidade nos últimos quince anos.


Critican que a subida importante de impostos que se van cargar ás familias, ás clases medias e traballadoras en medio desta crise, non se vai traducir en maiores e mellores infraestruturas. Ao contrario, sinalan, non hai ningunha partida nova con respecto a 2018 para a provincia de Pontevedra. “Moitos son proxectos que xa terían que estar executados ou en marcha, como por exemplo o nó dos bombeiros en Pontevedra, e que levan tres anos de retraso. Isto amosa o engano e a incapacidade de xestión deste goberno”, denuncian os populares que mantiveron onte unha reunión de traballo xunto á tamén deputada Ana Pastor. 


“A provincia de Pontevedra levaba tempo indo por diante en nivel de investimentos, que reflectían a importancia estratéxica desta provincia en Galicia e no resto de España, e agora, con novo documento, o que conseguen é un retroceso importante ante un momento moi complicado”, lamentan. 


Ademais, sinalan que hai partidas “pantasma”, é dicir, “proxectos que non queren eliminar dos orzamentos pero para os que destinan cantidades mínimas”, como no caso das variantes da Estrada ou Ponteareas, ou para o AVE a Cerdedo ou saída sur de Vigo, nos que non se recollen compromisos plurianuais en exercicios futuros. Pero tamén desaparecen proxectos, como a remodelación da Avenida de Madrid en Vigo ou a integración urbana da AP-9 en Teis.


PERDA COMPETITIVIDADE

Con estas contas, os populares denuncian que a provincia perde competitividade nun momento especialmente importante, en sectores estratéxicos determinantes para a recuperación. Así, indican que ademais de subir os impostos para as familias, incluídos o diésel, este imposto tamén prexudica a un dos sectores estratéxicos de Pontevedra, o da automoción, que supón o 12% do PIB de Galicia. É máis, sinalan que desde que o goberno fixo o anuncio, as ventas de coches diésel están caendo.


Pero a provincia tamén perde competitividade no Corredor Atlántico fronte ao Mediterráneo, que é o corredor ferroviario de pasaxeiros e mercancías que permite conectar os portos da provincia co interior e co resto de Europea. Así, mentres para o Corredor do Mediterráneo se destinan 367 millóns de euros, para o Atlántico resérvanse 68 millóns. 


Tamén se refiren os populares ao perda de peso da provincia no reparto de fondos europeos e de reconstrución. “Non inclúen ningún proxecto estratéxico para a provincia que se vaia financiar con estes fondos, algo que está reclamando todo o tecido económico e empresarial”. 


AP-9

Os populares critican que non se inclúa a transferencia da AP-9, como ten reclamado o Parlamento Galego, e recordan que a supresión da peaxe de Redondela, comprometido xa polo goberno de Rajoy, chega dous anos tarde e por iso estarán moi pendentes para que non quede só sobre o papel.

Con todo, destacan que a maior bonificación da AP-9 chegou con Ana Pastor como ministra de Fomento ao aplicar a volta gratuíta nos días laborables, o que supuxo un aforro desde 2012 de 5,2 millóns de euros anuais para os cidadáns da provincia.


CONTAS IRREAIS

Por último, os populares indican que os orzamentos xerais do estado son irreais, porque o Goberno está facendo unhas previsións de crecemento económico que non se axustan á realidade, porque a economía non vai crecer 9,8 puntos, e polo tanto non teñen en conta a situación actual. Ademais, inclúen nos ingresos uns fondos europeos que aínda non están aprobados na Unión Europea e que se van financiar con débeda, de xeito que ou ben van gastar o que non teñen ou non se van executar moitas das partidas incluídas no documento, o que supón un engano.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement