Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Carta abierta del jefe de la Oposición municipal a los vecinos de Poio

Querido veciño, querida veciña:

Estamos a vivir un momento delicado para todos. Son tempos difíciles para a sanidade, pero tamén para a economía, para o emprego, para a nosa saúde física, pero tamén emocional, individual e colectiva. E gustaríame compartir contigo unhas reflexións.


Os datos da pandemia no noso municipio nas últimas semanas están levando ás autoridades a establecer restricións horarias, de mobilidade imprescindibles para deter os contaxios e salvar vidas. Ese é o obxectivo: protexer a vida dos nosos veciños, e especialmente dos nosos pais e nais, dos nosos avós e avoas. Loitamos pola vida dos nosos familiares, dos nosos amigos e por nós mesmos. E por ese obxectivo temos que traballar unidos, como sabemos facelo.


Así e todo, as restricións supoñen importantes sacrificios persoais. Non é fácil estar lonxe dos nosos seres queridos, en datas coma este fin de semana de Defuntos ou nas tradicionais celebracións  dos próximos meses. A situación tamén está sendo moi dura para os traballadores, os autónomos ou as pequenas e medianas empresas do noso Concello, que están a facer o imposible para adaptarse e manter a actividade e que necesitan de todo o noso apoio.


É lóxica a preocupación polo futuro. O medo, a incerteza, son reaccións naturais a esta situación, pero non podemos deixar que nos paralicen nin nos venzan. Xa demostramos a nosa fortaleza nos difíciles días de marzo, abril e maio e volveremos facelo apoiándonos os uns nos outros. “Esta loita gañámola xuntos”, díxenvos entón, e sigo pensando o mesmo.


É en momentos coma este que debemos valorar a importancia do interese colectivo sobre o particular, poñer o “nosoutros” e “nosoutras” por diante do “eu”. Das nosas decisións persoais, da nosa capacidade individual para facer o correcto, dependerá o noso éxito colectivo. E non teño dúbida de que Poio estará á altura.


Porque Poio vive. Pese a todas as dificultades, somos un concello vivo, dinámico, capaz de resistir e responder á adversidade.  E como Poio vive, o que che quero pedir, a ti, veciño, a ti veciña, é que vivas Poio. Con todas as precaucións, seguindo a gardarrego as recomendacións e restricións sanitarias, pero vive Poio.


Detente un momento e reflexiona, dentro de todas as dificultades e incertezas, que afortunados somos de vivir nun Concello coma o noso, onde témolo todo.  Temos o mar que forxou a noso carácter como pobo, temos monte como non hai outro en Galicia, temos ríos, praias, sendas, espazos emblemáticos, un patrimonio histórico, cultural, natural único ao alcance da nosa man. Sintámonos orgullosos del, reivindiquémolo, desfrutémolo se temos oportunidade, con seguridade e responsabilidade.


E vivamos tamén e fagamos que viva a economía do noso concello: compremos nas tendas da nosa veciñanza, apoiemos aos restauradores e hostaleiros, ao comercio local, as nosas empresas e aos profesionais. Porque con todo o bo que temos, o mellor que temos é a nosa xente. Con carácter, bravos e bravas pero boa xente, que temos demostrado ao largo da nosa historia como nos momentos complicados nos axudamos uns aos outros e tiramos entre todos para adiante. Esta vez non vai ser unha excepción. 


Agora máis que nunca, vive Poio.



Ángel Moldes Martínez

Presidente do PP de Poio 


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement