Responsive Ad Slot

Latest

latest

Deputación. La Oposición exige se reclame al Gobierno central una deuda de 8,1 millones

A través dunha moción que se debaterá no próximo pleno.
O Partido Popular pide á Deputación que reclame ao Goberno central os 8,1 millóns que lle debe do IVA de 2017 .
Cubela sinala que deben defender os intereses da provincial fronte “ao castigo e bloqueo que está facendo Pedro Sánchez”.
Recorda que tanto a FEMP como a FEGAMP están reclamando unha solución a esta problemática.


PONTEVEDRA- O grupo provincial do Partido Popular pide á Deputación de Pontevedra que reclame ante o Goberno central o ingreso dos 8.144.150,88 euros correspondentes ao IVE non liquidado do exercicio 2017. O voceiro popular Jorge Cubela explica que “tanto os concellos como a propia institución provincial necesitan recuperar uns ingresos que lexitimamente lles pertencen, e que son fundamentais para facer fronte ás necesidades sanitarias e sociais derivadas da pandemia”.

Por iso, os populares defenderán unha moción no pleno provincial deste mes na que se reclamará apoiar as reivindicacións da FEGAMP e da FEMP para que o Goberno abone as súa débeda, que reclamaron ao Ministerio de Facenda en varias ocasións unha solución a esta problemática, asegurando que esta situación non tiña xustificación real ou incluso que xa estaban falando co Goberno e dando por feito que se ía recuperar o diñeiro do IVE. Porén, engade o deputado, “os meses pasan e seguimos ante unha situación inxusta e prexudicial para as administracións locais, que vemos diminuída a nosa capacidade de financiamento e os nosos recursos”.

Para Cubela, a Deputación de Pontevedra ten que defender os intereses da provincia fronte “ao castigo e bloqueo que está facendo Pedro Sánchez. Reclamar transferencias non é unha opción, é unha obriga”. Por iso, confía en que tanto PSOE como BNG apoien esta iniciativa para reclamar a inmediata transferencia dos fondos, e que deste xeito “prime o interese da cidadanía fronte ao partidista”.

No caso desta Deputación a estimación de entregas a conta do ano 2017 foi de 141.554.463,74€ e a participación nos Ingresos Tributarios do Estado tras a implantación Subministro Inmediato de Información reduciuse a 136.982.501,50€, o que obrigou a reintegrar ao Estado -4.571.953,24€. Polo tanto, o Estado debería devolver esta contía, así como ingresar os 2.465.889,13€ que corresponderían pola liquidación na Participación nos Ingresos Tributarios do Estado se non se aplicase o SII, máis 1.106.308,51€ pola cesión directa de IVE. Isto faría un total de 8.144.150,88€

Jorge Cubela, líder de la Oposición 
en Deputación Provincial

Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo