viernes

Arbo se adhiere al "proyecto Horeca" de recogida selectiva en hostelería y restauración

Concello de Arbo aprobou a adhesión ao Acordo de Colaboración con Ecoembes para a posta en marcha dun proxecto destinado á mellora da recollida selectiva de envases lixeiros no Concello de Arbo, mediante o fomento da participación de establecementos do sector HORECA (Hostalería, Restauración e Catering).

Un dos obxectivos básicos do Convenio é fomentar a recollida selectiva e a selección de residuos de envases, mediante o desenvolvemento de accións específicas como pode ser o aumento da participación dos pequenos xeradores na recollida selectiva.

Máis de 100 concellos de Galicia e máis de 2.500 locais de hostalaría se sumaron ata o de agora, a este proxecto


O Concello de Arbo atópase así adherido ao Convenio marco firmado entre a Xunta de Galicia e ECOEMBES con data 30 de setembro de 2019 no que se regulan os compromisos  das partes implicadas, no que respeta ao funcionamento do sistema integrado de xestión xestionado por ECOEMBES no ámbito de Arbo.


Un dos obxetivos básicos do proxecto Horeca,  é fomentar a recollida selectiva e a selección de residuos de envases, mediante o desenrrolo de accións específicas como pode ser o aumento da participación dos pequenos xeneradores na recollida selectiva. 


“Este proxecto, que é totalmente gratuíto para o concello, realízase con fondos compartidos entre Xunta de Galicia e  Ecoembes e sumou xa a máis de 100 concellos en Galicia e máis de 2.500 bares, cafeterías e restaurantes, que están a potenciar un crecemento importante no contedor amarelo”, informa o Rexedor. 


A comunicación de ECOEMBES en relación co Proxecto de Recollida Selectiva nos locais de hostalería (bares, restaurantes e cafeterías), estructurase en varias fases:


1.- Visitas aos establecementos/puntos de xeneración para:

* Informar acerca do proxecto e promover a súa incorporación ao mesmo

* Captar establecementos que queiran sumarse a iniciativa de Ecoembes

2.- Formación e información en materia de recollida selectiva (entrega de dípticos e guías de barras) entrega de chaqueta profesional e entrega de distintivos do local como “Ecohosteleiro”

3.-Entrega dos medios en función dos requirimentos e necesidades

4.- Seguimento do proxecto aos locais que se sumen a campaña 


Aprobar a adhesión ao  acordo de colaboración entre o Concello de Arbo e   ECOEMBES para a posta en marcha dun proxecto destinado á mellora da recollida selectiva de envases lixeiros no Concello de Arbo, mediante o fomento da participación de establecementos do sector HORECA, ven sendo unha proposta interesante para seguir fomentando o reciclaxe en Arbo, manifesta o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. Un dos obxectivos básicos do Convenio é fomentar a recollida selectiva e a selección de residuos de envases, mediante o desenvolvemento de accións específicas como pode ser o aumento da participación dos pequenos xeradores na recollida selectiva remata Horacio Gil.


Centro del municipio de Arbo