O Goberno galego continúa demandando que sexan as comunidades autónomas as que xestionen o Ingreso Mínimo Vital por ter a experiencia e para evitar solapamentos con outras prestacións.
Unha competencia que xa se comprometeu con Euskadi e Navarra, aínda que pola parálise nin sequera se lles concretou.
O número de axudas do Ingreso Mínimo Vital concedidas en Galicia ata o momento é de 4.200.
Isto representa o 10% das 40.000 prestacións que o Goberno central estimaba para a nosa comunidade.
O reducido número de beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital evidencian a mala xestión que está a realizar o Goberno central desta prestación.
De feito, o 91% das Risgas seguen en vigor porque o seu beneficiario aínda non transitou ao IMV:
a cifra de persoas beneficiarias de Risga en Galicia a 31 de agosto é de 9.597.
Desde a posta en marcha do IMV no mes de xullo rexistráronse 681 suspensións da Risga por acceso ao IMV.