Responsive Ad Slot

Latest

latest

Cierra con brillantez la 9ª edición del "festival Primavera" de cine, en Vigo. La Covid no impide seguir creciendo

 Palmarés da 9ª edición do Primavera do Cine en Vigo


Logo de 5 días de proxeccións e diferentes actividades paralelas como debates, encontros e obradoiros formativos, o Festival finalizou a súa edición máis desafiante cunha gala presentada pola actriz Débora Vukusic e o actor Adrián Ríos, que contou coa participación do Concelleiro da Área de Cultura, Abel Losada, e a Deputada Provincial de Turismo e Xuventude, Ana Laura Iglesias. Nesta edición, marcada polas medidas hixiénico-sanitarias, o director do certame, Alfonso Castaño, salientou a boa resposta do público, que, "ávido de oferta cultural, encheu as salas cumprindo escrupulosamente, con amabilidade e respecto, os protocolos de seguridade". Castaño agradeceu especialmente a este público "o amor que nos amosa cada día e os azos que nos dan para continuar cada ano con esta Primavera, aínda que sexa en outono".


Finalmente, o palmarés da 9ª edición do Festival é o seguinte:

 

PREMIOS DO PÚBLICO

 

Premio  do Público á mellor curta da Lusofonía: Carne (2019), de Camila Kater, un retrato en animación de cinco mulleres e a súa relación co corpo, desde a infancia á terceira idade. Na produción de Carne participa a coruñesa Abano Films, produtora dirixida por Chelo Loureiro.


Premio  do Público á mellor curta galega: 16 de decembro (2019), de Álvaro Gago, unha crúa historia de violencia machista que atrapa ao espectador de principio a fin.

 

Premio do Público á mellor longa da Lusofonía: Pacificado (2019), de Paxton Winters, un retrato íntimo e alentador dunha familia que intenta achar a paz nese sempre cambiante campo de batalla urbano ao que chaman fogar, ubicado nas favelas de Río de Xaneiro.

 

 Premio do Público á mellor longa galega: Manoliño Nguema (2019), de Antonio Grunfeld, un poderoso e valioso alegato sobre a cultura como ferramenta de reparación e desenvolvemento, da man dun artista de sangue ecuatoguineana e alma galega.

 

Premio do Público ao mellor videoclip: La vuelta al mundo, do cantante Bebo San Juan e dirixido por David Fidalgo Omil, unha peza de animación que mantén o persoalísimo estilo do seu multipremiado autor.

 

PREMIO DO XURADO

 

Premio a mellor longa lusófona: A febre (2019), de Maya Da-Rin. Segundo o xurado desta edición, composto por Sara Donoso, Iria Vázquez e Fon Cortizo, "A Febre é un filme que xoga e racha cos dualismos: a cidade e o bosque; o día e a noite, o supostamente civilizado e o salvaxe ... e que retrata dun xeito magnífico en toda a súa complexidade a construción identitaria dun Brasil que aínda segue caracterizado por unha intensa relación de poder sobre os pobos indíxenas".

 

Premio á mellor longa galega: Eroski Paraíso (2019), de Jorge Coira e Xesús Ron. Segundo os membros do xurado, " Eroski Paraíso parte dun carácter aparentemente intimista para facer unha radiografía da sociedade actual comezando desde o particular para abrirse a un debate que non só recolle problemáticas do contexto galego, que tamén, senón que consegue traspasar as fronteiras xeográficas perfilando unha memoria colectiva directamente vencellada á transformación socio-económica que foi soportando España nas últimas décadas".

 

 Premio CREA á mellor dirección galega: Manoliño Nguema (2019), de Antonio Grunfeld. O xurado salienta "a súa aproximación híbrida, complexa e delicada á vida dun artista a medio camiño entre dous mundos, Galicia e Guinea, tendendo lazos entre eles e amosando o poder da cultura e a creación. O traballo de dirección articula unha narración que percorcorre a transformación social acontecida durante medio século da nosa historia recente. Un filme capaz de afondar na esencia do artista retratado integrando a teatralidade nun luminoso traballo cinematográfico".





Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo