Responsive Ad Slot

Latest

latest

MeteoGalicia nos previene de un fin de semana donde habrá de todo, como en botica...

Durante este día de venres chegará a Galicia unha masa de aire frío, impulsada polos ventos do noroeste. Con esta situación, agárdanse intervalos de nubes e claros, con chuvascos máis probables no norte e leste da Comunidade. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, acadando valores baixos para esta época do ano. Os ventos soprarán do noroeste, moderados, con intervalos fortes no litoral norte.

O sábado Galicia estará nunha situación intermedia entre o anticiclón situado ao oeste e as baixas presións centradas ao norte, que enviarán unha fronte ao final do día. Así, os ceos permanecerán parcialmente cubertos, con chuvascos que durante o día serán máis probables na metade norte e que cara á noite chegarán a toda a Comunidade. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos e as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.

Despois do paso da fronte durante a madrugada, aínda nas primeiras horas do domingo os ceos permanecerán cubertos, con chuvias febles máis probables na provincia de Lugo e norte de A Coruña. Co avance do día as chuvias remitirán e iranse abrindo claros. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. O vento soprará frouxo do noroeste.




Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo