Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación dice que sus excursiones en la zona de "a raia" son todo un éxito

As actividades ecoturísticas do programa ‘Vive o Rio Minho’ organizadas pola Deputación de Pontevedra veñen de resultar un rotundo éxito. Así o indicou hoxe o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, quen explicou que as prazas para os eventos do día 12 e 13 cubríronse de maneira case inmediata, chegando a crearse unha lista de espera de 100 persoas para a actividade do balsismo no río Miño.

Hai que lembrar que dentro de ‘Vive o Rio Minho’ celebraranse sete actividades ecoturísticas nos concellos galegos e portugueses que lindan coa vía fluvial - desde a parte alta ata a súa desembocadura- entre o 12 de setembro e o 4 de outubro, co obxectivo de ofrecer unha alternativa turística dando a oportunidade de coñecer o territorio transfronteirizo do Miño dun xeito tranquilo, seguro –seguindo protocolos sanitarios pola COVID-19- e buscando a natureza e todo o que ofrece a contorna. 


Nesta primeira fin de semana haberá dúas actividades: Unha ruta de sendeirismo nas marxes do Miño e do río Deva ata o alto da Moura e unha visita a Melgaço e, por outra parte, un descenso en balsa no río Miño xunto a unha visita guiada a unha adega en As Neves e a visita aos petróglifos da Coutada. 


Na fin de semana do 19 e 20 de setembro terán lugar a terceira e a cuarta ruta, para as que as inscricións estarán habilitadas a partir do luns 14 ás nove da mañá. A terceira consiste nun percorrido circular pola contorna de Salvaterra, así como a visita á viña e ao Museo do Viño. Ao día seguinte a proposta é unha ruta polo municipio de Monçao coñecida como ‘A Cova da Moura’, unha vista ao palacio da Brejoeira e unha visita a Monçao.


A seguinte xornada, do 26 de setembro, inclúe un percorrido en bici pola ecovía do Miño entre Valença e Vila Nova de Cerveira, e unha visita guiada por Valença e Tui. O domingo 27 de setembro realizarase unha ruta de sendeirismo entre a desembocadura do Tamuxe e o porto de Goián, a visita á fortaleza, e un tramo en caiac polo río. 


Finalmente, para o 3 e 4 de outubro plantéxase unha fin de semana completa na que se combinarán as rutas de sendeirismo, a observación ornitolóxica, visitas guiadas, e unha visita dramatizada no castro de Santa Tegra.


Todas as actividades son gratuítas e están destinadas ao público xeral. As inscricións para os eventos realizaranse entre o luns anterior ás 9 horas e ata o xoves ás 23 horas no caso de non cubrir as prazas con anterioridade (entre 45 e 50 por evento). 





Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement