Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Fue el mes de julio más seco en Galicia desde 1986 (93% menos de la precipitación habitual)

O avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia apunta a que a Comunidade viviu un período extremadamente cálido, sobre todo en canto ás temperaturas máximas, e durante o que case non se rexistraron chuvias.


Nas estacións máis representativas, os valores medios de temperatura situáronse dous graos por riba do esperado, a segunda anomalía máis alta da serie histórica.


Galicia acaba de despedir un mes de xullo caracterizado polos valores extremos, con temperaturas máis altas do habitual, especialmente no que respecta ás máximas, e durante o que apenas se rexistraron precipitacións. Así se desprende do avance do informe climatolóxico de MeteoGalicia, que sitúa no ano 1986 o precedente máis seco para este mesmo período na Comunidade.


Durante todo o mes a tónica xeral en Galicia foi a influencia anticiclónica e a presenza de aire cálido procedente do sur da península Ibérica e do norte de África. Esta situación explica que a temperatura media se situara 2,03 graos por riba do esperado, cunha anomalía incluso máis acusada no caso das máximas, extremadamente cálidas ao superar en 3,03 graos as medidas da histórica de referencia.


O calor foi xeneralizado no conxunto de Galicia, se ben os datos máis anómalos se deron na metade sur, onde a presenza frecuente de masas de aire cálido deixou moitas xornadas con avisos por temperaturas extremas.


Concretamente, as zonas máis calorosas foron as do Ribeiro, Verín e Valdeorras, onde a media mensual superou os 34 graos. Pola contra, os rexistros máis baixos se concentraron na Mariña lucense e na Costa da Morte, comarcas nas que os valores máis altos apenas chegaron aos 20 graos.


A excepcionalidade deste mes de xullo desde o punto de vista das temperaturas apréciase tamén se as comparamos co período de referencia 1981-2010, xa que a anomalía media rexistrada nos termómetros o mes pasado foi a segunda máis alta de toda a serie, só superada pola do ano 2013.


Ausencia de precipitacións

Polo que respecta ás precipitacións, xullo foi tamén extremo, con lugares de Galicia nos que non choveu durante todo o período. A única excepción foi o primeiro día do mes, durante o que unha fronte pouco activa deixou ao seu paso pola Comunidade nubes e algunha chuvia feble pola mañá.


O resto de xullo foi en xeral e no conxunto de Galicia extremadamente seco, tanto que hai que retroceder ata o ano 1986 para atopar un precedente no que se rexistraran aínda menos precipitacións. En concreto, a anomalía media das chuvias rexistradas nas estacións galegas máis representativas foi dun 93% por debaixo do agardado nesta época do ano. 


Por zonas, os valores máis altos acadáronse na Mariña, que se viu rozada por algunha fronte débil, e no leste da Comunidade, con treboadas que deixaron arredor de 50 l/m2 acumulados. De feito, a comarca de Valdeorras foi a única na que choveu máis do habitual.


Avisos por temperaturas para os próximos días

Galicia está a verse afectada por unha masa de aire cálida procedente do norte de África, que deixará temperaturas elevadas durante as próximas tres xornadas, sobre todo na metade sur da Comunidade.


Segundo o boletín emitido por MeteoGalicia para advertir deste episodio, para hoxe o nivel máximo de aviso será amarelo na zona do Miño de Ourense e en Valdeorras. Mañá, xoves, prevese que sexa o día de máis calor, con aviso laranxa tamén no Miño ourensán –onde poderán superarse os 39 graos- e amarelo en moitos puntos do interior das catro provincias.


A influencia do aire cálido africano manterase sobre a Comunidade tamén o venres aínda que a previsión é que descendan un pouco as temperaturas máximas, que poderían superar os 36 graos. Para esta xornada MeteoGalicia mantén o aviso amarelo só para o Miño de Ourense, a comarca de Valdeorras e o sur de Lugo.





Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement