Un deses produtos de uso habitual son as bolsas dos supermercados. No Día Internacional Libre de Bolsas de Plástico, a compañía quere destacar o papel que a celulosa exerce en substitución doutros materiais de orixe fósil, o que a converte en aliada para reducir o impacto ambiental en accións da vida cotiá.
A día de hoxe, as bolsas de plástico convertéronse nun dos obxectos máis prexudiciais para o medioambiente: tardan 500 anos en descompoñerse e cada persoa gasta, de media, unhas 230 unidades ao ano, o que supón máis de 500 billóns de bolsas de plástico en todo o mundo. Ence quere contribuír a cambiar o modelo de consumo da sociedade, ofrecendo alternativas de orixe natural, renovables, reciclables e cunha menor pegada de carbono, como son as bolsas a base de celulosa.
Ademais, a compañía pretende ir un paso máis aló, producindo pasta de papel especial que pode destinarse a fabricar multitude de produtos sostibles. Por exemplo, os sistemas de empaquetado a base de fibra vexetal para transporte ou almacenamento.
Nos seus plans de crecemento, Ence incluíu a celulosa para viscosa, utilizada na industria téxtil. Trátase dunha opción máis ecolóxica ante o poliéster e as teas sintéticas non biodegradables, procedentes, principalmente, do petróleo. As fibras téxtiles producidas a partir de pasta de celulosa, e por tanto de madeira, teñen menor pegada de carbono e non xeran microplásticos. Ademais, son máis fáciles de reciclar, e teñen un tacto máis agradable.
O compromiso de Ence en materia ambiental reflíctese nos recoñecementos internacionais das súas biofábricas de Pontevedra e Navia (Asturias). Ambas contan coa ecoetiqueta Nordic Swan, selo oficial dos países escandinavos, por cumprir os criterios máis esixentes de respecto ambiental, e a Etiqueta Ecolóxica da UE. Ademais, a planta galega loce o certificado “Residuo Cero” que outorga AENOR a aquelas organizacións que levan a cabo unha xestión máis eficiente dos seus subprodutos e que son capaces de valorizalos.