Ence obtivo perdas netas de 13 M€ no segundo trimestre, polos prezos baixos da celulosa e a enerxía
Os investimentos realizados en 2019 en Navia e Pontevedra contribúen a aumentar as vendas de celulosa nun 19%, reducindo ademais os seus custos de produción
Ence
Energía y Celulosa rexistrou unhas perdas netas de 13 millóns € no
segundo trimestre do exercicio 2020, como
consecuencia dos prezos da celulosa, que se manteñen nos niveis máis
baixos rexistrados nos últimos 10 anos, así como dos prezos baixos da
enerxía No semestre, a compañía acumula perdas netas por valor de 24,6
millóns €.
Por
contra, a produtividade da compañía protagonizou unha importante
melloría, grazas á consolidación dos investimentos realizados
o pasado ano, o que propiciou un aumento nas vendas tanto en celulosa
como enerxía e a unha redución nos custos de produción.
O
EBITDA do negocio de Celulosa alcanzou os 8,9 millóns € na primeira
metade do ano. Os investimentos realizados o pasado ano
nas biofábricas de Pontevedra e Navia (Asturias), que se afianzaron
neste primeiro semestre, permitiron aumentar a subministración de
celulosa, así como as súas vendas. De feito, as vendas de celulosa
melloraron un 19% na primeira metade do ano.
A
celulosa que Ence fornece, entre a que cada vez cobran máis peso os
produtos diferenciados, ata un 10 % do total, consolídase
como unha alternativa sostible e renovable aos produtos derivados do
plástico, e como unha gran xeradora de emprego nos sectores loxístico,
industrial e forestal. De feito, a actividade das dúas plantas de Ence
xeran 11.500 postos de traballo directos, indirectos
e inducidos en Galicia e Asturias.
O
EBITDA do negocio de Enerxía Renovable mellorou un 24% interanual no
segundo trimestre, ata os 15,5 millóns €, e un 5% no conxunto
do semestre,, ata os 27 millóns €. A incorporación das dúas novas
plantas de biomasa agrícola e forestal de Huelva e Ciudad Real
contribuíu ao crecemento do 51% das vendas no segundo trimestre e a
compensar o descenso no prezo medio de venda ata os mínimos
fixados polo regulador. Neste sentido, as plantas de enerxía renovable
de Ence contribúen á descarbonización do sistema eléctrico español,
impulsando ao mesmo tempo unha transición enerxética xusta e inclusiva,
xerando emprego na denominada “España Baleirada”.
Ence,
dentro do impulso ás enerxías renovables, continúa co desenvolvemento
de novos proxectos en Andalucía e Castela – A Mancha.
Os 405 MW renovables en carteira, con acceso á rede e localizacións
aseguradas, atópase á espera da próxima convocatoria de poxas para a
implementación do Plan Nacional de Enerxías Renovables, mentres se
completa a súa tramitación administrativa, entre o terceiro
trimestre de 2021 e o primeiro de 2022.
Ence aposta por unha recuperación verde para superar a crise causada polo coronavirus, apoiada no impulso ás enerxías renovables e na subministración de celulosa, un material renovable, reciclable e de orixe natural, que a compañía produce de maneira sostible e ecoeficiente nas súas biofábricas de Pontevedra e Navia.