miércoles

El Museo de Pontevedra ofrecerá visitas a puerta cerrada, con videos que publicará en redes sociales

O Museo de Pontevedra convidará a partir da próxima semana aos seus seguidores en redes sociais a participar nas visitas que ofrecerá ‘A porta pechada’ e que estarán guiadas polas expertas e expertos da institución museística.
Así, todos os luns as nove da mañá publicará no seu perfil de Facebook un vídeo no que persoal de distintos departamentos como Educación, Conservación, Restauración ou incluso Dirección, comentará unha sala, unha colección, ou unha obra das expostas no Sexto Edificio e no Sarmiento.

Precisamente, escolleuse o luns para divulgar estas pezas ao tratarse da xornada na que o Museo permanece pechado ao público, de xeito que, a través desta proposta, os seus seguidores poderán entrar virtualmente nos edificios e ir coñecendo de primeira man as obras de arte que albergan.

O Retablo de Santa María; Epílogo, de Eliseo Meifrén; Recollendo follas, de Manuel Colmeiro; Estela de Vilar de Sarria; Virgen joven y vírgenes viejas, de Roberto González del Blanco o la colección Sargadelos, centrarán as primeiras entregas desta nova sección coa que o Museo de Pontevedra afonda na súa liña de xerar contidos propios destinados exclusivamente ás redes sociais. De feito, nos últimos meses, no seu perfil de Facebook e na súa páxina web levaronse a cabo distintas iniciativas neste senso como as primeiras exposicións virtuais -unha delas protagonizada por nenas e nenos-, as sesións de contacontos ‘Contos confinados’ , ou O Museo en Familia, entre outras.