Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Areeiro avisa de nuevo : mucho cuidado con el mildium

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que reporta unha situación bastante tranquila do mildio nas parecelas fixas e nas aleatorias. Porén, nas plantas testemuña e nas abandonadas a enfermidade continúa avanzando, aparecendo síntomas novos, secando gromos e proseguindo a defoliación das plantas polo que, aínda que o bo tempo apunta a un risco de infección menor, débese seguir cun alto nivel de vixilancia.

En canto ás avelaíñas do acio, na estación apareceron os dos dous primeiros machos da segunda xeración de Lobesia botrana nunha das trampas instaladas. Amais, segundo as observacións desta semana os cicadelidos da especie Zygina rhamni continúan sendo dominantes sobre os de Empoasca vitis e para as seguintes xornadas espérase un certo incremento dos seus niveis poboacionais. En relación aos ácaros, esta semana o centro observou un maior número de viñas con síntomas de erinose de verán. Tamén se recomenda revisar as alteracións da madeira, marcando as plantas afectadas e eliminando plantas enteiras ou brazos mortos.

Pola súa banda, nos gromos novos e tenros de moitas árbores de cítricos seguen a observarse ovos e ninfas de psila africana. A Estación Fitopatolóxica aconsella eliminar os gromos para axudar á contención das poboacións así como instalar tampas amarelas a carón destas árbores. No buxo o avance da Cydalima perspectalis, bolboreta do buxo, foi moi notorio esta semana en moitas sebes, ata o punto de presentar xa todas as follas secas. Noutras aínda non se produciu a defoliación ou secado e requírese un nivel de alerta máximo ante as altas temperaturas que se esperan nos próximos días.

No que respecta ao botrite, en caso de que se cumpran as previsións meteorolóxicas, nas próximas xornadas non se esperan condicións favorables ás infeccións por este patóxeno. Tampouco se observan cambios destacables na presenza do oídio nin do black-rot.



Ad Code

Responsive Advertisement