Page Nav

HIDE

Classic Header

{fbt_classic_header}


Breaking News:

latest
"rías baixas tribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

Posta en marcha en Galicia dos tres primeiros proxectos tractores para reactivar a economía tras a pandemia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello que a posta en marcha dos tres primeiros...

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello que a posta en marcha dos tres primeiros proxectos tractores para reactivar a economía tras a pandemia permitirán a creación de case 1.700 empregos directos na Comunidade, grazas a un investimento de case 1.300 millóns de euros.

Estas iniciativas serán claves na transición cara á sustentabilidade e competitividade do tecido produtivo da Comunidade. Para o seu financiamento por unha banda, poderá optar a fondos europeos de programas como o Pacto Verde Europeo (European Green Deal); o instrumento de recuperación temporal para o período 2021-2024, dotado con 750.000 millóns de euros (Fondo Next Generation); e a través dunha financiación multilateral de distintas institucións europeas como o Banco Europeo de Investimentos. E por outra banda, con fondos propios da Xunta de Galicia e fondos privados.

Centro para o impulso da economía circular
No tocante ao primeiro proxecto, Feijóo explicou que consistirá na implantación dun Centro para o impulso da economía circular, o obxectivo é asegurar este principio na xestión de residuos para a súa transformación e valorización en produtos de máxima calidade. 

Nesta iniciativa investiríanse aproximadamente 525 millóns, baixo a previsión de crear 820 empregos directos. O centro tratará arredor de 2 millóns de toneladas de residuos ao ano, entre xurros, residuos industriais, plásticos e residuos téxtiles e lixo mariño. 

Produción sustentable de fibra forestal
A segunda iniciativa tractora estará centrada na produción sostible de fibra forestal coa finalidade de impulsar a biodiversidade e pechar o círculo do aproveitamento da madeira. Para iso, proporase a creación dun centro de fabricación de fibras téxtiles sostibles a partir da celulosa soluble da madeira, que permita diversificar un sector estratéxico para Galicia.

A posta en marcha desta planta de produción suporá un investimento aproximado de arredor de 700 millóns de euros, coa creación duns 800 novos postos de traballo directos.

Este proceso terá unha captación de entre 25.000 e 45.000 toneladas de CO2 e un consumo de arredor de 1,5 millóns de metros cúbicos de madeira por ano. Ademais, permitirá unha xestión forestal sostible de entre 100.000 e 150.000 hectáreas de monte con biodiversidade, xerando unhas 250.000 toneladas de fibra de celulosa sostible anuais.

Hidróxeno verde
O terceiro dos proxectos consistirá na instalación dunha planta de produción de hidróxeno verde por electrólisis de 50MW para o seu uso na industria, na mobilidade e para a súa inxección na rede galega de gasodutos. Trátase dunha iniciativa pioneira en España e que permitirá incrementar a capacidade de xeración renovable en Galicia e impulsar a descarbonización eficiente da industria galega.

Este proxecto contribuirá a converter Galicia nun referente no ámbito da transición ecolóxica e aproveitar o incremento da xeración de renovables no horizonte 2030. Non en van, permitirá cumprir a Axenda Galega de Transición Enerxética, que fixa entre os seus obxectivos para 2030 que as enerxías renovables representen o 75% sobre o consumo final, e que o 100% da xeración eléctrica proveña de enerxías renovables. 

Aceleradora especializada na comercialización de solucións fronte á covid-19
Dentro do eido económico, Feijóo referiuse tamén á posta en marcha dunha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á covid-19. 
Nesta iniciativa Connect-19 poderán participar pequenas e medianas empresas que recibirán: asesoramento individualizado; capacitación comercial e técnica; e potenciarán a súa capacidade de captación de financiamento, seguindo unha folla de ruta personalizada enfocada ao fortalecemento do seu acceso ao mercado. 

O programa desenvolverase en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), situado en San Cibrao das Viñas (Ourense), terá unha duración de 5 meses e contará cun orzamento de preto de 600.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes para esta iniciativa está previsto que se active este mes e permanecerá aberto ata o 10 de xullo. 
Poderán presentarse pemes de calquera sector con presenza no mercado e que acheguen solucións de valor engadido con algún factor innovador fronte ao coronavirus, con comercialización inmediata e cun alto potencial de crecemento.




Entrada destacada

Otra vez el síndrome anti-Portugal : ¿falta de tacto, manipulación de la realidad, ignorancia...?.

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno.  Es de agradecer el interés que muestras por esta opción....

Pensamiento al cierre...

"Há faunos e elfos escondidos, prontos a barrar o nosso caminho comum. Saber da sua natureza e propósito é condição primeira para viver melhor na Hispânia nossa". (António LEITE)