Ence desenvolve o seu labor en seguridade forestal creando, liderando e potenciando unha cultura preventiva, e desenvolvendo accións innovadoras e de I+D+i focalizadas nas persoas, os seus comportamentos e as súas operacións forestais. A meta é crear, día a día, contornas de traballo forestal máis saudables e seguros.
A raíz da situación excepcional xerada polo coronavirus, Ence estableceu o 24 de febreiro un estrito protocolo de prevención, que se reforza e actualiza de maneira constante contando coa participación activa de todos os traballadores da compañía. A compañía liderou a súa implantación tamén entre todas as persoas involucradas nas operacións forestais. Grazas á súa pronta e pioneira implantación, conseguiuse manter a actividade nos montes de Galicia e Asturias.
Algunhas das accións para garantir a seguridade e permitir a continuidade da actividade do sector forestal foron o reforzo dos parques propios de Ence, o aumento das quendas dos equipos da compañía, e o investimento para aumentar básculas, guindastres e procesos de descarga.
Estas medidas chegaron para complementar ás xa impulsadas previamente desde a compañía en materia de seguridade na contorna forestal. Con respecto ás persoas, poden citarse a capacitación e concienciación preventiva no monte, as xornadas prácticas sobre un uso seguro de motoserras, a monitoraxe dos traballos no monte, así como charlas e reunións de concienciación sobre saúde e seguridade laboral.
No ámbito das operacións, Ence desenvolveu e implementou melloras como novos sistemas de comunicación, cuñas hidráulicas, puntais para apeo, cascos de protección de alta seguridade, e a realización dunha profunda análise dos incidentes xerados durante as operacións.
A mellora continua en seguridade forestal levou, o pasado ano, á aplicación dun innovador proxecto tecnolóxico baseado na prevención e a intelixencia artificial. Ence dispón, desde entón, do Algoritmo Preditivo en Saúde e Seguridade Laboral Forestal, que é capaz de adiantarse e evitar o posible dano para saúde dos traballadores nas operacións forestais.