Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El PP provincial reclama al Gobierno la eliminación urgente de los puntos 3 y 4 del artículo 18 de la Ley de Cambio Climático

O PP provincial apoia a demanda do sector mar-industria e reclamará que o Goberno elimine os puntos 3 e 4 do artigo 18 da Lei de Cambio Climático

Deputados nacionais e provinciais e os senadores do PP reuníronse cos afectados, e lamentaron que o goberno reactive “esta interpretación restritiva a través da inclusión dun artigo no proxecto de lei de cambio climático e transición enerxética en pleno estado de alarma, nunha norma que non é a de Costas e sen diálogo co sector, a pesar de que o prometeron”.

É unha decisión dun impacto enorme para a provincia, pois afecta a conserveiras depuradoras, cocedeiros e, en definitiva, a todo o sector estratéxico do mar.


O Partido Popular de Pontevedra apoia as demandas do sector mar-industria da provincia e por iso reclamará ao Goberno central que elimine os puntos 3 e 4 do artigo 18 da Lei de Cambio Climático, que pode afectar aos prazos das concesións e renovacións na liña de costas. Así o trasladaron deputados nacionais e provinciais e senadores do PP nunha reunión telemática na que participaron representantes de Anfaco-Cecopesca, Apromer, Agade, Femex e das asociacións galegas de Confrarías e das Depuradoras de Moluscos.

O deputado nacional e voceiro na comisión de Transición Ecolóxica no Congreso, Diego Gago, sinalou que “tiñamos razón en non fiarnos do goberno socialista. Reactivaron esta interpretación restritiva a través da inclusión dun artigo no proxecto de lei de cambio climático e transición enerxética en pleno estado de alarma, nunha norma que non é a de Costas e sen diálogo co sector, a pesar de que o prometeron”.

Por iso, explicou que están en prazo para presentar emendas á Lei e por iso pedirán que eliminen eses dous puntos porque “non ten sentido dar incertezas á industria marítimo terrestre e pechar o futuro de moitas empresas da nosa provincia a través dunha Lei que ten que regular outro tipo de cuestións”.

Nesta liña, insistiu en que o PP estaba no certo: “Tanto en abril do ano pasado cando denunciamos o intento de variar as condicións e desafiuzar ás empresas do mar ubicadas na costa, como en xaneiro e febreiro deste ano cando desde o Goberno se dixo que esta reforma estaba paralizada e que non se reactivaría sen falar co sector”.
Sobre isto, resaltaron que se trata dunha decisión dun impacto enorme para a provincia, pois afecta a conserveiras, depuradoras, cocedeiros e, en definitiva, a todo o sector estratéxico do mar.


Ad Code

Responsive Advertisement