Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El eurodiputado Nicolás denuncia supuestas cafradas de la flota pesquera surcoreana

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares enviou este xoves unha pregunta á Comisión Europea para coñecer se a institución europea vai tomar medidas contra os barcos surcoreanos denunciados por abusos de dereitos humanos e danos medioambientais.

“As denuncias de maltrato laboral e de danos medioambientais coñecidas esta semana a través da prensa internacional non poden pasar sen máis”, denunciou González Casares. “A UE ten que tomar medidas ao respecto dun país que considera socio en materia pesqueira”.

En total trataríase de 40 barcos os denunciados por diferentes ONG que esta semana sacaron á luz unha investigación levada a cabo durante os últimos tres anos, e publicada polo Financial Times. Segundo estas investigacións, entre os máis de 50 mariñeiros entrevistados houbo denuncias de xornadas de máis de 18 horas ou permanencias de máis dun ano no mar.

Ademais, un quito da flota surcoreana incorreu en pesca ilegal en zonas prohibidas e ata unha terceira parte tería participado da captura intencional de especies protexidas como delfíns e mantaraias, así como morsas, focas ou quenllas, provocando danos medioambientais.

Corea do Sur xa recibiu no pasado unha amoestación por parte da Unión Europea; sen embargo, a Comisión sinalou nunha resposta previa que “considera a Corea un socio Importante na loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada (pesca INDNR) e mantén unha boa cooperación con este país ao respecto”.

Eurodiputado gallego Nicolás González Casares

Ad Code

Responsive Advertisement