O proxecto foi redactado pola oficina técnica do Concello de Arbo e as obras serán realizadas por unha empresa local.
O Concello de Arbo, saca a licitación, con un orzamento de 21.824,56€.- as obras de mellora e embellecemento de dous antigos lavadoiros sitos nas parroquias de Sela e Mourentan.
A Cultura da auga e o recordo ás antigas lavandeiras centra o interés por estas actuacións que xa se levan desenvolvendo nos últimos anos en outras parroquias, dado o seu deterioro polo paso dos anos e xa non ser usados como antigamente.
O goberno arbense está levando unha serie de traballos dirixidos a rehabilitación do patrimonio histórico e cultural de Arbo, entre os que cabe destacar as labores de recuperación dos lavadoiros. Coas obras proxectadas pretendese conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construcións tradicionais e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes. Mellorando as condicións das construcións existentes, mellorarase a súa funcionalidade e fomentarase o uso e mantemento.
No tocante as intervencións engloba acondicionamento do terreo onde se sitúan as construcións. Drenaxes perimetrais das construcións. Substitución de estruturas deterioradas.As estruturas non aptas para a súa reutilización serán substituídas por outras novas, sempre cunha imaxe tradicional do elemento. Retellado .Pavimentación en interior e accesos. Limpeza e encintado de elementos de cachotería de pedra. Revestimento e pintado de paramentos, teitos e todo elemento de fábrica, con cores acordes co medio. Reparación ou substitución dos elementos singulares.
Os lavadoiros son parte da cultura e tradición de Galicia así como da arbense, un patrimonio que se debe coidar e recuperar. Nos últimos anos se levan recuperado lavadoiros tan importantes como o de Turbela, San Xoan, Valiñas, o Urzal, Couto... e se seguiran recuperando, afirma o rexedor de Arbo, Horacio Gil