Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

¿Y en qué condiciones el Turismo y la Hostelería pueden reabrir? : ¡aclárense!

Galicia urxe ao goberno central a publicar as condicións que deberá cumprir o turismo e a hostalaría para a súa reapertura

O conselleiro Román Rodríguez participou esta tarde de xeito telemático na Conferencia Sectorial coa ministra de Industria, Comercio y Turismo, Reyes Maroto

Subliñou a necesidade de coñecer os protocolos que terán que seguir os establecementos para permitir a adaptación e a planificación das empresas

Reclamou a posta en marcha dunha liña de apoio específica que complemente as axudas previstas pola Xunta para adecuar os establecementos á nova realidade


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, instou hoxe ao Goberno central a publicar as condicións que deberán cumprir os negocios do sector turístico e a hostalaría de cara a súa reapertura. Así llo trasladou á ministra de Industria, Comercio y Turismo, Reyes Maroto, no marco da Conferencia Sectorial mantida tarde a través de videoconferencia e na que tamén estivo presente a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro.
O titular de Cultura e Turismo da Xunta subliñou a necesidade de dar certezas ao sector publicando coa marxe suficiente os protocolos de obrigado cumprimento que terán que seguir os establecementos para ofrecer a máxima seguridade aos traballadores e usuarios. Neste sentido, lamentou que, a falta de dous días para que moitos negocios poidan retomar a súa actividade, o Goberno central aínda non fixera públicos estes requisitos nin concrete cando se publicarán no Boletín Oficial do Estado (BOE).

“O principal inimigo é a incerteza, non podemos coñecer hoxe o que hai que facer mañá”, puntualizou Román Rodríguez, ao tempo que reclamou que non se agarde ata o último momento para facer públicos estes protocolos e as súas condicións de aplicación. Deste xeito, instou ao Ministerio a actuar con rapidez e sen improvisación para evitar xerar máis incerteza entre o sector e dotar ás empresas da máxima seguridade xurídica.

Máis facilidades na adaptación
Ademais, o conselleiro de Cultura e Turismo destacou que o Plan de Reactivación aprobado a semana pasada pola Xunta contempla un investimento de preto de 2 millóns de euros para favorecer a adecuación dos establecementos ao escenario actual e aos novos requisitos de seguridade sanitaria. Precisamente, no marco do encontro desta tarde, reclamou a posta en marcha dunha liña de apoio específica por parte do Goberno central que complemente estas axudas da Xunta, outorgando maiores facilidades ás empresas á hora de adaptarse á nova realidade.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement