Page Nav

HIDE

Classic Header

{fbt_classic_header}


Breaking News:

latest
"rías baixas tribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

La problemática del cierre de la frontera del Miño pasa a la carpeta de doña Úrsula

O secretario xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), Martín Guillermo Ramírez, destaca a importancia e especificidade ...

O secretario xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), Martín Guillermo Ramírez, destaca a importancia e especificidade do territorio miñoto e elevará a situación a diferentes estamentos da cúpula política europea
A PROBLEMÁTICA DO PECHE DA FRONTEIRA NO MIÑO CHEGA Á PRESIDENTA DA COMISIÓN EUROPEA URSULA VON DER LEYEN
Aplaude que o AECT Rio Minho tivera encargado á Universidade de Vigo un estudo para coñecer o impacto económico da crise da COVID-19 no territorio 

A problemática do peche da fronteira no Miño con motivo do COVID-19 chegará á mesa da presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen. O secretario xeral da  Asociación de Rexiós Fronteirizas Europeas (ARFE) Martín Guillermo Ramírez, comprometeuse co deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, a dar a coñecer de maneira inmediata e directa á responsable da CE o grande impacto económico que está a sufrir o territorio transfronteirizo do Miño polo mantemento dun único paso na fronteira para as traballadoras e traballadores da zona, unha das máis dinámicas de toda Europa. Martín Guillermo sinalou é preciso abrir máis pasos de maneira urxente, ademais de adoptar medidas e políticas de apoio para paliar os danos nos sectores produtivos.

Uxío Benítez e Martín Guillermo Ramírez reuníronse telematicamente na tarde de onte, ao abeiro dos encontros impulsados polo AECT Rio Minho con diferentes actores, nun encontro no que tamén participou o vicedirector do AECT e presidente da câmara municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito Nogueira. A Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa foi contactada como medio de facer presión para abrir a fronteira, xa que é a responsable de representar os intereses das rexións limítrofes ante as organizacións europeas e as autoridades estatais. Na actualidade reúne a máis dun cento de rexións fronteirizas e outras unidades territoriais rexionais e locais dos Estados membros da Unión Europea ou do Consello de Europa. 

Benítez explicou a Ramírez as primeiras conclusións do estudo encargado á Universidade de Vigo pola entidade transfronteiriza, que apunta que o territorio da fronteira está a sufrir doblemente a situación derivada da COVID-19 tanto pola restrición de movementos xerais máis polo feito de ser fronteira. O nacionalista puxo sobre a mesa que o treito pontevedrés supón o 5% da liña de fronteira con Portugal en todo o Estado Español, se ben asume o 49% de todos os tránsitos de vehículos e persoas, xa que é unha das áreas transfronteirizas máis dinámicas economicamente de toda Europa (ao estar no eixo Vigo-Porto), a que reúne máis poboación e, ao mesmo tempo, ten relacións sociais, culturais e lingüísticas moi profundas.

Martín Guillermo Ramírez loubou a iniciativa da AECT de ter solicitado un estudo de impacto socioeconómico urxente á Universidade de Vigo, unha entidade que considerou relevante, e quedou impresionado polos datos presentados. Recoñeceu, de feito, que con motivo da COVID-19 os maiores problemas polos peches das fronteiras estanse a producir nos territorios nos que existen estruturas de cooperación estables e nos que as dinámicas de relación son máis intensas.

Ante a situación, o secretario xeral da ARFE comprometeuse a interceder directamente ante a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, para trasladarlle a problemática das rexións que están a sufrir unha situación tan grave como a de Pontevedra e o Norte de Portugal coa limitación no tránsito de persoal laboral en Europa. Ramírez sinalou que exemplificará a difícil situación das fronteiras concretando no caso do Miño transfronteirizo e nas eurorrexións xermano-polacas dentro dun amplo dossier, xa que lle parecen os casos máis significativos. Tamén sinalou que se porá encontacto con todos os ministros de Exteriores e de Política Territorial dos países da Unión Europea para tratar de buscar unha solución aos tránstitos transfronteirizos que involucre a toda a cúpula política europea.

A indignación medra
O AECT Rio Minho, pola súa banda, xa iniciara os seus contactos europeos previamente. De feito, remitiu xa o pasado 30 de abril á Comisaria de Política Rexional, Elisa Ferreira, a declaración asinada por todos os alcaldes da fronteira -tanto da parte pontevedresa como da parte portuguesa- defendendo a apertura de novos pasos fronteirizos, así como un programa de paliación dos efectos económicos e sociais do Covid -19 na fronteira.  Este documento fora xa remitido tamén aos gobernos centrais español e luso, ao delegado de Goberno, ao presidente da Xunta, así como a diferentes representantes de entidades relacionados cos intereses do territorio da ‘raia’.
Segundo explica o director da AECT, segundo pasan os días e a fronteira do Miño sigue mantendo un único paso aberto, a indignación medra tanto na poboación traballadora como nos representantes locais polo “agravio” con respecto a outros territorios ante a inacción dos responsables políticos. Como exemplo, Uxío Benítez, expuxo o da comunidade autónoma de Extremadura que dende o inicio do Estado de Alarma mantivo varios pasos activos na fronteira e abriu outro este pasado luns, a pesares de que o número de traballadoras e traballadores que deben circular entre Extremadura e Portugal apenas chega á cuarta parte dos do territorio do Miño.

Benítez (derecha) y Ramírez, en una foto de archivo.


No hay comentarios

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Entrada destacada

Otra vez el síndrome anti-Portugal : ¿falta de tacto, manipulación de la realidad, ignorancia...?.

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno.  Es de agradecer el interés que muestras por esta opción....

Pensamiento al cierre...

"Há faunos e elfos escondidos, prontos a barrar o nosso caminho comum. Saber da sua natureza e propósito é condição primeira para viver melhor na Hispânia nossa". (António LEITE)