Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Trabajo le costó a la Xunta pero al final hizo entrar en razón al Delegado del Gobierno...

A partir de mañá será efectiva a modificación e poderán saír con liberdade horaria as persoas que residan en núcleos separados de menos de 5.000 habitantes.

A DELEGACIÓN DO GOBERNO DÁ FINALMENTE Á RAZÓN Á XUNTA E PERMITE QUE O LÍMITE DE 5.000 HABITANTES PARA AS SAÍDAS SE DECIDA EN FUNCIÓN DOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN. 

A Administración autonómica dirixiuse ata en tres ocasións ao Goberno central para que se aclarase este punto e se permitise esta decisión.

A Delegación do Goberno vén de dar finalmente a razón a Xunta e permite agora que a limitación por franxas horarias das saídas da poboación se fixe en función do número de habitantes dos núcleos de poboación. 
Polo tanto, a partir de mañá será efectiva a modificación e poderán saír con liberdade horaria as persoas que residan en núcleos de menos de 5.000 habitantes, non só os que habitan en concellos de menos de 5.000 habitantes. Isto suporá que os galegos e galegas con liberdade horaria nas súas saídas pasarán de ser o 15% do poboación a aproximadamente o 50%.
A Xunta xa comunicou esta decisión á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para que a traslade aos concellos.

A fin de semana pasada comezaron a permitirse as saídas a dar paseos e facer deporte do conxunto da poboación, para as que o Goberno central estableceu a liberdade de horarios naqueles municipios de menos de 5.000 habitantes, sen aclarar se este límite era por núcleos de poboación, ou ben polo termo total do concello. En Asturias, por exemplo, a Delegación de Goberno admitiu desde o primeiro momento que a interpretación debía ser por núcleos de poboación, algo que non sucedeu en Galicia. 

De feito, a Administración autonómica dirixiuse xa o sábado pasado á Delegación de Goberno para solicitar unha aclaración sobre este punto e pedir que se computase por núcleos de poboación e non por concellos, unha petición que foi respondida en sentido negativo. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tamén trasladou esta cuestión ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez; e onte mesmo, e tras acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), a Xunta elevou de novo esta cuestión ao Goberno central.

Isto é, a Administración autonómica solicitou ata en tres ocasións que se permitise fixar as limitacións en función da poboación dos núcleos. A Xunta considera que esta é a interpretación que se debía dar desde o inicio á orde do Goberno central, por varias razóns. Por unha banda, enténdese que a finalidade da orde é evitar aglomeracións, independentemente da entidade xurídica que administre o núcleo da poboación. Esta interpretación, ademais de ser coherente coa garantía da saúde pública, resulta tamén máis favorable ao principio de favor libertatis, en tanto é menos restritiva das liberdades individuais. E, por último, adáptase mellor á realidade social galega e á súa distribución territorial.



Ad Code

Responsive Advertisement