Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

BUEU ABRE CEMENTERIOS MUNICIPALES Y BIBLIOTECA ESTE LUNES

O Concello de Bueu adoptou a decisión de abrir os cemiterios municipais a partir do próximo luns, 11 de maio. Así o salienta Félix Juncal, alcalde de Bueu, que anuncia esta medida logo de valorala ao longo desta semana, e tras as continuas peticións por parte da cidadanía.
Os cemiterios de Bueu, Cela e Beluso estarán abertos, pois, dende as nove da mañá, aínda que dende o Concello insístese en que se deben cumprir coas medidas de seguridade cidadá (manter, polo menos, dous metros de distancia) e hixiene, amais de que os aseos estarán pechados e non poderán utilizarse ata novo aviso.

Por outra banda, e dada a eliminación das restricións para as saídas nos núcleos de poboación de menos de 5.000 habitantes, dende o Concello de Bueu apélase á cidadanía para que se actuúe con responsabilidade. Así, os paseos poderán facerse unha vez ao día entre as 6.00 e as 23.00 h, e sempre a unha distancia máxima dun quilómetro do domicilio. No caso das actividades deportivas, estas realizaranse individualmente e sen saír do termo municipal de Bueu.

O CONCELLO DE BUEU ABRE A BIBLIOTECA TORRENTE BALLESTER PARA PRÉSTAMOS E DEVOLUCIÓNS A PARTIR DO LUNS
As bibliotecas das parroquias de Cela e Beluso disporán soamente de atención telefónica polo de agora
O Concello de Bueu abrirá a partir do luns 11 de maio a Biblioteca Torrente Ballester para préstamos e devolucións de libros. Así se acordou tras a reunión que mantivo este venres Xosé Leal, concelleiro de cultura, co persoal das bibliotecas municipais. A biblioteca central estará aberta en horario de 9.00 a 14.00 h, previa petición de cita a través do teléfono 986323140. Seguindo os protocolos, desinfectaranse todos os libros, DVDs e todo o material, e infórmase á cidadanía de que deberá cumprir en todo momento coas medidas de seguridade e hixiene.
A aula de estudo non abrirá nesta primeira fase, e as bibliotecas das parroquias terán atención telefónica soamente. O persoal encargado das mesmas, que realizará neste tempo labores internas de catalogación, atenderá á cidadanía por vía telefónica para calquera consulta no seguinte horario: en Cela, entre as 16.30 e as 20.00 h no teléfono 986323539; e en Beluso, entre as 10.00 e as 13.45 no 986324630.
A cidadanía poderá, ademais, facer as consultas do material bibliográfico e do catálogo na plataforma en liña da Rede de Bibliotecas de Galicia, amais de solicitar préstamos de libros electrónicos, filmes etc, en GaliciaLe.

Cementerio de San Martiño, Bueu

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement