Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Se reanudan las obras del campo de fútbol de Ponte Sampaio

Un mes despois da aprobación da modificación do contrato de obra do campo de fútbol de Ponte Sampaio (Pontevedra), hoxe a Xunta de Goberno local asinou a conformidade á reanudación dos traballos. A portavoz do Goberno, Anabel Gulías lembrou que esta modificación do proxecto estivera determinado por un problema técnico relacionado coa inestabilidade do terreo na zona onde se proxectaba o futuro edificio destinado a vestiarios, o que supuxera a suspensión temporal da actuación.

Convén lembrar que esta circunstancia, que non existía ou non puido ser prevista no momento da redacción do proxecto inicial, foi a que motivou, entre outras cuestións, a necesidade de gañar terreo escavando na rocha aproximadamente uns catro metros cara ao interior da parcela, así como a construción dun novo pozo ante a insuficiencia do pozo de barrena existente. Ademais foi preciso realizar excavacións para estabilizar o edificio de vestiarios, o que conleva o tratamento dunha das fachadas de dito edificio (que no proxecto orixinal quedaba conta o terreo) cun sistema exterior de illamento térmico. Esta excavación tamén implica unha intervención para asegurar o muro que delimita coa parcela colindante. A modificación inclúe, ademais, un incremento da drenaxe e a colocación de capas de grava e unha lámina xeotextil non previstas para solucionar os problemas derivados dun terreo situado nunha antiga xunqueira e para evacuar o importante caudal de augas procedentes da ladeira contigua. Esta modificación supuxo un incremento de 116.353,04 euros, o que supón un 10% do orzamento inicial que ascendía a 1.163.536 euros.




Ad Code

Responsive Advertisement