Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Se reabre el conflicto sobre número de allegados con acceso a las viviendas en Ons

Os illáns e illás protestan contra as declaracións nos últimos días de representantes da Xunta de Galicia en relación co acceso ás súas vivendas 
O CONCELLO DE BUEU MOSTRA O APOIO Á VECIÑANZA DE ONS QUE INICIOU UN PECHE NA CASA CONSISTORIAL 

Félix Juncal, alcalde do Concello de Bueu, manifestouse "con absoluta rotundidade o apoio incondicional" á reclamación da veciñanza da Illa de Ons que estes días iniciou un peche no salón de plenos da Casa Consistorial en sinal de protesta ante a confusión xerada pola Xunta de Galicia co sistema de acceso ás súas vivendas. O rexedor cualifica a actitude da Xunta como “insensata, irresponsable e desleal coas persoas de Ons e co Concello de Bueu”.
“Non estamos dispostos a aceptar que o acordo ao que se chegou o 18 de setembro de 2019, froito da mesa de diálogo entre a representación da veciñanza, os membros da corporación municipal, así como da Conselleira de Medio Ambiente e do Conselleiro de Cultura, sexa incumprido e interpretado nun sentido totalmente oposto”. Neste sentido, o alcalde insiste en que o acordo recoñece un cupo para illáns e illás de 800 persoas en total, ao que habería que engadir, se houbese demanda, un bloqueo de ata 300 prazas do cupo de visitantes, tal e como se acordou na mesa de setembro.

Dende a Alcaldía, con motivo das dúbidas xurdidas nos días previos á Semana Santa, remitiuse ás dúas Consellerías, así como á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, un escrito aclarando todas e cada unha das cuestións relacionadas con ese acordo consensuado, sen que a día de hoxe se recibise ningunha resposta ao respecto. Así e todo, nas últimas horas mantivéronse conversas telefónicas coas diversas Consellerías, polo que o alcalde confía en que “a Xunta de Galicia rectifique e cumpra co estipulado posto que, de non ser así, as posicións volverán a antes desa reunión e posterior acordo, escenario ao que non nos gustaría chegar”.



Ad Code

Responsive Advertisement