Otra vez con el cuento del "metro-minuto", ahora en Monte Porreiro

En lugar de poner a tantos miles de vecinos un servicio interior de un microbús circular que potenciase e hiciese cómoda la movilidad en la zona tan populosa como es Monte Porreiro, el Concello de Pontevedra despacha la problemática colocándoles unos mapas informativos llamados "metro-minuto", una especie de simulación de las líneas del metro en una ciudad populosa, solo que aquí el vehículo de transporte del ciudadano no es otro que sus propios pies... Una maniobra propagandística al fin y al cabo, llena de colorines en los mapitas dichosos.

Esta es la información que ha suministrado el Concello de Pontevedra :

A Concellería de Promoción Económica instalará nos vindeiros días tres monolitos e distribuirá impresións en papel con información sobre 62 empresas comerciais e de servizos da urbanización.
O novo Metrominuto establece roteiros entre 20 puntos da zona que, ademais de polo barrio, tamén se prolongan ata a rotonda de Montecelo, a N-541, a Illa das Esculturas e a parroquia de Lérez.

Monte Porreiro estreará nos vindeiros días uns novos paneis informativos que incluirán un Mapa Comercial e un Metrominuto propios do barrio pontevedrés. A Concellería de Promoción Económica e Turismo instalará, coincidindo coa entrada na segunda fase 2 da desescalada, tres monolitos informativos de rúa, ao tempo que distribuirá pola urbanización impresións en papel destes planos deseñados sobre cartografía convencional.
Os paneis informativos de Monte Porreiro foron concibidos inicialmente para dar satisfacción a unha demanda realizada dende a Asociación de Veciños O Mirador, que propuxo o deseño dun directorio de empresas comerciais e de servizo asentadas no barrio. “Naceu así un mapa de negocios, enderezos e teléfonos que contribuirá a un maior coñecemento dos recursos de consumo de proximidade da zona, algo que sen dúbida pode contribuír a promocionar a actividade comercial e a fortalecer as relacións sociais entre a veciñanza”, sinala a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco.
O Mapa Comercial contén información sobre 62 entidades, agrupadas en dez das rúas da urbanización: Alemaña, Reino Unido, Suecia, Grecia, Illa de Man, Francia, Armórica, Irlanda, Bélxica e Portugal. Estas indicacións están localizadas nun mapa de cartografía convencional, non sinóptica, como o Metrominuto.

Segundo explica Yoya Blanco, o Metrominuto de Monte Porreiro “segue as normas gráficas establecidas polo Concello para o do casco urbano de Pontevedra, que foi replicado ultimamente por máis de 50 cidades de moi distintos tamaños”. O da urbanización ‘conecta’ co do centro da cidade a través de puntos como a Uned, o parque do Miradoiro, o Mosteiro de San Bieito ou a Illa das Esculturas. A partires de aí, desenvólvense roteiros medidos en metros e minutos entre 20 puntos da zona, que ademais de no barrio, tamén se prolongan ata a rotonda de Montecelo, a N-541 (dende o cruce da rúa Portugal), a pasarela peonil da Illa das Esculturas e tres puntos da parroquia de Lérez: a rotonda da estrada de Campo Lameiro, o Mosteiro e o camposanto, ao que se pode acceder a pé desde o Centro de Saúde de Monte Porreiro, cruzando unha das dúas pasarelas sobre o Lérez próximas á estación de bombeo de auga potable.

Un directorio cos principais equipamentos públicos
O novo Metrominuto tamén contempla os percorridos das dúas principais áreas verdes do contorno: o parque do Miradoiro e as sendas do Lérez por ámbalas marxes do río, entre a pasarela da avenida de Bos Aires e as instalacións de captación de auga. O panel do Metrominuto inclúe un directorio telefónico dos principais equipamentos públicos municipais e centros educativos, deportivos e relixiosos do barrio.
A iniciativa de encargar este novo mapa sinóptico partiu da propia concelleira Yoya Blanco, “coa finalidade de completar a outra cara dos monolitos con algún contido que resultase atractivo para a veciñanza do barrio”. A edil do PSOE acordou coa Asociación de Veciños O Mirador que os monolitos sexan instalados “nos dous principais accesos á urbanización (a glorieta da ponte das Palabras e as inmediacións da Uned) e nun espazo neurálxico da vida do barrio como é o contorno do Acuña da rúa Alemaña”.




Share: