Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

"Letras Galegas". Interesantes ligazóns do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico ten nos seus fondos 436 títulos en galego publicados pola editorial propia, 10.220 monografías, 444 revistas, 28.244 artigos, e 11.445 audiovisuais

O ARQUIVO REÚNE TÍTULOS, ARTIGOS E AUDIOVISUAIS RELACIONADOS COAS LETRAS GALEGAS E CON CARVALHO CALERO 

O Servizo traballa para poder abrir as súas portas con cita previa en breve 

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra difunde hoxe na súa páxina web (arquivos.depo.gal) varias ligazóns nas que se fai unha importante escolma de títulos relacionados tanto co Día das Letras Galegas coma coa figura do autor homenaxeado neste ano 2020, Carvalho Calero. Todos eles, xunto con máis de 200 artigos de publicacións periódicas sobre o autor ferrolán, e documentos audiovisuais nos que intervén o autor -como por exemplo ‘Patria poética’ ou ‘O inmenso don Ramón’-, estarán dispoñibles para o préstamo a domicilio e a consulta en sala unha vez rematen as restricións pola COVID-19.

Con esta divulgación o Arquivo da Deputación quere sumarse ás celebracións da Deputación polo Día das Letras –a pesares de que os actos oficiais están adiados-, lembrando que entre os seus fondos dispón de 436 publicacións en galego publicadas pola editorial da Deputación. En total son 10.220 as publicacións monográficas, 44 as revistas, 28.244 os artigos incluídos en revistas de diferente tipoloxía, así como 11.445 audiovisuais de todo tipo (vídeos, música, verbas…) dos que dispón.

Na sección de noticias do Arquivo, ademais, estará publicado un artigo no que se fai constancia de que as letras galegas están presentes en todos e cada un dos ámbitos culturais, económicas e sociais do país. Destacan que o 17M está consagrado á exaltación e promoción da lingua e literatura da Galiza e que ten a súa verdadeira orixe no ano 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, a que é considerada a primeira obra mestra coa que contou a literatura galega contemporánea. Así mesmo, tamén se fai un breve percorrido histórico pola celebración, así como pola vida e obra do autor homenaxeado este ano (máis información en arquivos.depo.gal).

É preciso lembrar que para poder consultar todos os fondos escolmados é preciso agardar á apertura ao público das instalación do Arquivo na rúa Pai Amoedo. Nestes momentos estase a preparar todo o Servizo para poder atender primeiramente visitas con cita previa seguindo os protocolos sanitarios establecidos. Mentres tanto, a documentación dixitalizada dispoñible pode consultarse tamén no portal AtoPo (atopo.depo.gal).

Máis actividades das Letras
Ademais desta pequena actividade das Letras Galegas, a Deputación puxo en marcha esta semana outras iniciativas relacionadas coa festa da lingua. Entre elas está a produción de 24 vídeos nos que autoras e autores locais len fragmentos da obra de Calero, e a súa difusión nas redes sociais da institución ao longo de toda esta semana e ata o domingo 17M. Todos eles foron recompilados baixo o lema ‘A nosa lingua é a nosa identidade’.

As e os autores participantes son Fina Casalderrey, Carlos Taboada, María Xosé Porteiro,  Miguel Anxo Alonso, Eva Mejuto, Rafael Fernández Lourenzo,  Miriam Ferradáns, Ramón Caride, Tamara Andrés, X. Rodríguez Álvarez,  Montse Fajardo, Xosé Luna, Susana Sánchez Arins, Xosé Daniel Costas, Lucía Novas, Álex Alonso, Iria Misa, Cruz Martínez, Nee Barros, Ramón Nicolás, Macamen Alonso, Marta Dacosta e Elena Gallego. A deputada María Ortega agradeceu a todas e todos eles a súa colaboración na iniciativa e o seu traballo a prol do idioma.

Por outra banda, o Museo de Pontevedra vén de publicar a súa primeira exposición producida únicamente para a súa difusión virtural: ‘Solpor’. Trátase dunha mostra fotográfica na que se inclúen 25 fotografías de cinco fotógrafos e fotógrafas galegas, acompañadas por cinco fragmentos poéticos  doutros tantos escritoras e escritores do país homenaxeados ao longo do tempo no día das Letras Galegas. As imaxes pertencen a Xulio Gil, Anxo Rial, Susi Suárez, Enrique Touriño e Miguel Vidal, e convivirán aparecen secuenciadas en cinco treitos por fragmentos poéticos de ‘O Craustro’, de Ramón Cabanillas; ‘Cando a luniña  aparece’, de Rosalía de Castro; ‘Eu en ti’, de Celso Emilio Ferreiro; ‘Inda vou na misma meniña’, de María Mariño; e ‘Biografía do Miño’, de Manuel María.



Ad Code

Responsive Advertisement