Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Facilidades administrativas en este tiempo : el buen ejemplo del Concello de Bueu

O sistema permite a autenticación, na Oficina Virtual Tributaria do Concello de Bueu, https://bueu.tributoslocales.es/, con Clave Segura de Usuario e sen necesidade de Certificado Electrónico nin Dni-e

O CONCELLO DE BUEU CREA UN SISTEMA DE AUTENTICACIÓN PARA XESTIÓN E PAGAMENTO DE TRIBUTOS DENDE AS CASAS

Trátase dunha medida extraordinaria para a xestión da crise ocasionada polo impacto da Covid-19 que facilitará ás persoas contribuíntes a posibilidade de realizar os seus trámites dende a casa

Desde o Concello de Bueu apélase á responsabilidade social da cidadanía para frear o contaxio da Covid-19

Co obxectivo de garantir a realización dos principais trámites tributarios dende a casa e continuar coa actividade das oficinas municipais -suspendida fronte ao Covid-19 -, o Concello de Bueu aprobou un sistema de autenticación para a realización de trámites tributarios por medios electrónicos a través da oficina virtual tributaria, grazas ao cal as persoas contribuíntes poderán operar na súa conta tributaria con todas as garantías de seguridade, sen precisar para iso do Certificado Electrónico nin do Dni-e.
Esta resolución, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o pasado 28 de abril, responde á necesidade de poñer en marcha medidas extraordinarias para facer fronte á crise sanitaria provocada pola Covid-19. O novo sistema de autenticación facilita ao / á contribuínte o acceso a todos os trámites que ofrece a Oficina Virtual Tributaria, sen necesidade de contar con Certificado Electrónico ou Dni-e, únicas vías de autenticación válidas ata o momento. Coa Clave segura de Usuario o contribuínte poderá pagar os seus recibos, consultar a súa situación tributaria, domiciliar os seus pagos ou cambiar o número de conta, acceder a notificacións, solicitudes, etc.

Activación do Sistema de Autenticación
O proceso iníciase coa Identificación e Rexistro: a persoa contribuínte realizará unha chamada telefónica ao 986 390 066, tras a que o persoal de atención telemática confirmará a súa identidade mediante unha serie de preguntas e respostas de control. Sempre cumprindo coa normativa que contempla o Protocolo de activación, procederase á solicitude do contrasinal de usuario, para a que o xestor telefónico pedirá ao cidadán ou cidadá unha dirección de correo electrónico, onde se lle enviarán as indicacións necesarias para proceder á Activación da Clave. Unha vez dispoña da súa clave segura de autenticación, só terá que acceder á Oficina Virtual Tributaria a través de https://bueu.tributoslocales.es/ e completar o proceso.
A activación deste sistema de autenticación facilitará que se poida seguir prestando servizo ás persoas contribuíntes de forma ininterrompida, tanto a través da Oficina Virtual Tributaria como de atención telefónica, ao mesmo tempo que se fai fronte ao impacto económico e social provocado polo Covid-19.

A resolución forma parte das medidas extraordinarias para facer fronte á crise sanitaria provocada polo Covid-19. Tamén é preciso lembrar que o Concello aprobou o pasado día 30/03/2020 unha resolución pola que se suspendían os cobros dos fraccionamentos con cargo en conta os días 06/04/2020 e 05/05/2020, que en consecuencia quedan automaticamente prorrogados dous meses máis, e a ampliación do período de paga do Imposto de Vehículos ata o día 30/05/2020, que inicialmente finalizaba o día 27/04/2020.
Neste último punto hai que facer fincapé en que as cartas de pago do IVTM foron enviadas á imprenta e repartidas polos servizos de Correos antes do inicio da crise provocada polo Covid-19, e por tal motivo levan unha caducidade de data 27/04/2020, así como unha cota a pagar con recarga do 5% para o período comprendido entre o día 28/04/2020 e o día 04/05/2020. O Concello tomará as medidas necesarias para devolver esas recargas de oficio, sempre e cando se dispoña de información suficiente e non se teñan outras débedas tributarias. Nos demais casos tamén poderá ser solicitada a devolución polas persoas interesadas.



Ad Code

Responsive Advertisement