Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Aportaciones del Plan Concellos para 14 municípios de la provincia

Silva : “o Plan convértese unha ferramenta moi relevante para os concellos a fin de facer fronte ás consecuencias do COVID-19”

A DEPUTACIÓN APROBA ACHEGAS POR 1,7 MILLÓNS DE EUROS A CATORCE MUNICIPIOS DA PROVINCIA AO ABEIRO DAS TRES LIÑAS DO PLAN CONCELLOS

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a concesión de novas achegas por 1,7 millóns de euros ao abeiro das tres liñas do Plan Concellos 2020, que beneficiarán neste caso a catorce municipios da provincia: Marín, Covelo, Valga, O Porriño, Fornelos de Montes, Cerdedo-Cotobade, Arbo, Baiona, Cangas, Dozón, Mos, Oia, Pontecesures e A Estrada.

Silva subliñou que o Plan Concellos desenvolvido pola Deputación está a ser “unha ferramenta moi relevante que agora os concellos están usando para facer fronte ás consecuencias do COVID-19”. Neste senso, lembrou que a institución xa modificara as bases da Liña 2 de amortizacións, pago de débedas, gastos correntes e financiación de actividades para colaborar cos concellos na loita contra os efectos da pandemia e “moitos concellos solicitaron axudas para facer fronte ás consecuencias do COVID”. Igualmente, apuntou que a Liña 3 de Emprego, destinada á contratación de persoal e “fundamental porque temos un serio problema de emprego derivado da situación sanitaria”. Esta Liña tamén está a sufrir modificacións por parte dos municipios, que agora xa están a solicitar outro tipo de contratacións, “persoas máis ligadas á actividades para facer fronte ás consecuencias da pandemia, como poden ás que fan servizos de atención no fogar ou atención á persoas vulnerables”.

No caso da Liña 1 de Investimentos aprobáronse dez novas achegas por 1,2 millóns, que irán destinadas á proxectos que abranguen obras de pavimentación, saneamento ou melloras de infraestruturas e equipamentos públicos nos concellos de Marín, Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, Covelo, Valga e O Porriño.

Doutra banda, no que atinxe á Liña 2, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou un investimento de 263.619,31 euros que beneficiará a sete concellos: Arbo, Baiona, Cangas, Dozón, Mos, Oia e Pontecesures. As achegas irán destinadas, entre outras cousas, a sufragar gastos derivados da recollida de residuos sólidos urbanos, a poñer en marcha campañas de sensibilización contra a violencia de xénero, a levar a cabo obras de reparación de camiños, a traballos de limpeza viaria e de edificios públicos e ao pagamento de débedas.
E, no caso da Liña 3, aprobouse un novo investimento de preto de 200.000 euros para o concello da Estrada que poderá financiar así a contratación de 20 persoas, en concreto a 3 conserxes, 2 oficiais de primeira fontaneiros/as, 2 axudantes electricistas, 4 oficiais de primeira albaneis, 5 peóns/as forestais, 3 peóns/as de obras públicas e 1 condutor/a de camión.



Ad Code

Responsive Advertisement