Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

En el buen camino la posible apertura de más pasos sobre el Miño para trabajadores transfronterizos

En el fin de semana, el presidente de la Xunta se lo había pedido a Pedro Sánchez. Hoy, el portavoz de la asociación transfronteriza del Miño, entrevistándose con el Delegado del Gobierno en Galicia, ha podido constatar que el asunto que se persigue está bien encaminado... para que los trabajadores transfronterizos tengan cada día más pasos abiertos por donde ir y venir. Y que cuando la marea sanitaria baje, los Gobierno de Madrid y Lisboa no se olviden de que habrá que abrir totalmente la frontera porque hay muchos millones en juego y muchas familias que viven del comercio transfronterizo y que, ahora mismo, como dicen los hermanos portugueses, están lo que se dice "á rasca"...

O director do AECT Rio Minho e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, manifestou a súa “satisfacción” trala reunión co delegado do Goberno en Galiza, Javier Losada,  a quen trasladou a petición da apertura de máis pasos na fronteira de Portugal para aliviar a situación de milleiros de traballadores e traballadoras que só poden cruzar a ‘raia’ polo paso de Tui-Valença e realizan rodeos de ata 100 quilómetros. O delegado comprometeuse a interceder para solucionar a problemática, dixo Benítez, e agora é necesario ver como se resolven os trámites.

No encontro, Javier Losada afirmou que remitirá no día de hoxe un informe ao Ministerio de Sanidade -que capitanea o mando único no Goberno central durante a crise da pandemia-, e tamén ao Ministerio de Interior -responsable do control das fronteiras-. Nese documento, solicitarase ao Executivo madrileño que abra novas vías de conexión co país veciño e que teña en conta a problemática e particularidade da fronteira do Miño, a máis poboada e dinámica entre España e Portugal. Nese sentido, o deputado Benítez destacou que só os concellos da ribeira teñen máis de 150.000 habitantes, ampliándose ata 400.000 na área de influencia, “cidadáns europeos que viven na mesma fronteira do río e que teñen o problema de que teñen pechados os pasos fronteirizos”, lembrou. 

No encontro, ademais de Benítez estivo presente o vicedirector do AECT Rio Minho e presidente da câmara municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito Nogueira, así como o secretario xeral da Delegación do Goberno en Galiza. O AECT comprometeuse a enviar toda a información da que dispón para xustificar a súa solicitude, principalmente o avance do estudo realizado pola Universidade de Vigo sobre o impacto socioeconómico do peche da fronteira, e un dossier sobre as casuísticas singulares que viven traballadores e traballadoras da zona.  Esta documentación sumarase á xa remitida a finais de abril, coa declaración de todas as alcaldesas e alcaldes do territorio transfronteirizo, que xa entón solicitaban a apertura da fronteira e a coordinación entre os gobernos centrais de Madrid e Lisboa.

Así mesmo, o AECT trasladará tamén á Delegación do Goberno todos os pasos que vaia dando o Goberno portugués co fin de chegar a unha solución consensuada e coordinada. Nestes momentos, segundo Losada manifestou á directiva do agrupamento transfronteirizo que aínda non hai ningunha data oficial marcada para a reapertura xeral da fronteira.

A Universidade de Vigo, hai que lembrar, realizou un estudo sobre o impacto económico do peche da fronteira pola COVID-19 a instancias do AECT e da Deputación de Pontevedra no que se indica que o territorio do Miño está a sufrir un doble impacto económico: polo parón na actividade xeral con motivo da pandemia e pola súa situación como fronteira. Entre outras cousas, dado que nestes momentos só está habilitado un só paso entre ambos países, traballadoras e traballadores teñen que dar rodeos de ata 100 quilómetros para acudir aos seus postos, algo que economicamente fai que nalgúns casos nin sequera sexa rendible.

Uxío Benítez, en un momento de la conexión con el Delegado
del Gobierno en Galicia.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement