Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El centro de acogida que inventó Louzán retoma -con cita previa- el programa de adopciones

Case dous meses despois da declaración do estado de alarma e trala entrada da provincia na fase 1 da desescalada que permite a liberdade de desprazamentos na provincia, o Centro de Acollida de Protección de Animais da Deputación de Pontevedra volve retomar a atención ao público e as tramitacións para a adopción de cans e cadelas. Faino baixo un estrito protocolo de medidas preventivas que, como principal novidade, establece o sistema de cita previa para as visitas ao centro e a formalización das adopcións. 

Deste xeito, as persoas interesadas deberán solicitar a cita no teléfono 986 140 360 e , unha vez que se despracen ao recinto da Armenteira, deberán agardar se é preciso a súa quenda no exterior do centro, co obxecto de evitar concentracións. Outras medidas adoptadas polo centro dependente da institución provincial son a atención individualizada a cada visitante, a utilización de luvas e máscaras dentro do recinto e o mantemento das distancias de seguridade. Así mesmo, establecéronse tamén novas medidas internas para garantir a seguridade do persoal, como a súa entrada e saída en quendas escaladas, o traballo individualizado, a desinfección exhaustiva de equipos e instalacións e a utilización de equipos de protección.

Tanto a Deputación como o persoal do CAAN amosaron o seu agradecemento á cidadanía que durante todo este tempo de confinamento mostrou interese pola adopción e tamén polo estado dos animais, así como pola súa comprensión á hora de agardar para realizar unha adopción de xeito responsable. Desde hai días moitas persoas interesadas están a solicitar xa información e agora se lles dará cita para formalizar as adopcións. 

A outra cara da moeda segue a estar no problema dos abandonos. Hai que destacar que desde esta fase 1, o CAAN desenvolverá o servizo de lacería sen as anteriores restricións que o limitaban a casos de atención necesaria e urxente. Pero a pesar desas restricións, desde o pasado 14 de marzo e ata hoxe, foron 105 os animais os que tivo que recoller o persoal do centro, dos que  30 eran cachorros e, nalgún caso, atopados nunha situación de grave risco de falecer.

Algúns dos rescates realizados polo persoal do CAAN neste tempo, foron o dos tres cachorros atopados nunha explotación gandeira en Rodeiro, dous deles no interior dunha fosa de zurro; os sete recollidos nunha situación extrema xunto á súa nai Lara en Crecente; outros seis cachorros salvados coa súa nai Laila en Lalín; e outro cachorro en Arbo que apareceu xunto á súa nai. Nas últimas semanas, recolléronse outras dous cadelas mestizas tipo pequinés de tan só un mes de idade en Sanxenxo, e outros dos cachorros en Silleda atopados nunha beiravía. Doutra banda, o persoal do CAAN tamén recolleu unha cadela en Meis, Cora, que estaba preñada e cuxos oito  cachorros naceron xa no centro, aínda que dous deles faleceron. Os demais recupéranse de xeito favorable nas instalacións de Armenteira, que nestes momentos alberga 340 cans e cadelas.

As recollidas desde o 14 de marzo realizáronse nos concellos de Marín (2), Caldas de Reis (3), Redondela (4), Nigrán (2), Baiona, Meaño (4), Soutomaior (3), Meis (13), A Estrada (4), Mos (2), Campo Lameiro, Forcarei, Fornelos, A Cañiza, Vila de Cruces (4), A Guarda, Gondomar (3), Ponte Caldelas (2), Arbo (2), Barro (2), Cuntis, Portas (3), Valga (3), Crecente (11), Rodeiro (4), Vilanova de Arousa (3), Lalín (9), Sanxenxo (3), Cerdedo-Cotobade, Mondariz, Vilaboa,Tomiño, Moraña, Covelo, Ribadumia (3), Catoira, e Silleda (2).  Doutra banda, no estado de alarma houbo tamén dezaseis devolucións de cans aos seus donos.
Chispi, uno de los inquilinos del CAAN



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement