Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

"Deputación debe xogar un papel fundamental para axudar a saír desta difícil situación económica" (Cubela)

O PP reúnese cos sectores produtivos para propoñer á Deputación medidas para reactivar a economía provincial.

Os deputados provinciais do Partido Popular iniciaron unha rolda de reunións telemáticas cos principais sectores económicos e produtivos da provincia para escoitar e analizar cal é o impacto e os danos ocasionados pola crise do COVID-19, e propoñer á Deputación medidas para reactivar a economía provincial.
O voceiro do grupo, Jorge Cubela, destaca que “a crise sanitaria está deixando ao seu paso unha crise económica profunda”. Deste xeito, onte pola tarde mantiveron un encontro con representantes do sector vitivinícola, no que participaron diferentes adegas da provincia, e tamén se reunirán nos próximos días con hostaleiros, organizacións sociais, entidades culturais e deportivas, co sector agropeacuario, empresarios e autónomos. Cubela explica que “queremos coñecer cal é a situación real de cada un destes sectores, que son fundamentais para a nosa provincia e dos que dependen numerosos postos de traballo, pero tamén que valoren e propoñan medidas e necesidades para que cada un destes sectores afronte a desescalada e plante cara á crise”.

Para os populares, “a Deputación pode e debe xogar un papel fundamental para axudar a saír desta difícil situación económica provocada polo COVID-19. A Deputación debe actuar de xeito decidido e comprometido para reactivar a economía provincial. É momento de sumar esforzos”.

Cubela incide en que a situación é complicada para moitos deles, algúns casos incluso dan o ano por perdido, como poden ser todos os negocios relacionados co turismo, as vodas ou mesmo a cultura, pero en xeral todos precisan apoio para garantir a súa supervivencia no futuro. Coas conclusións, os deputados populares presentarán ao Goberno provincial medidas que debe adoptar a institución provincial para apoiar e impulsar a labor destes sectores estratéxicos e, así, reactivar a economía da provincia.
Na reunión co sector vitivinícola participaron as deputadas Pepa Pardo, Paz Lago e Javier Tourís, que se reuniron con representantes do Consello Regulador D.O. Rías Baixas, e de adegas da provincia como Mar de Frades, Condes de Albarei-Pazo Baión, Lagar de Pintos, Eidos, Aguiuncho, Paco y Lola, Pazo Señoráns, ou Gran Bazán.


Ad Code

Responsive Advertisement