Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Arbo presenta su plan de reactivación para comercio, empresas y turismo

O Concello de Arbo, estuda xunto cos sectores afectados, medidas de reactivación para o sector turístico, comercio local e empresarial de Arbo

O CONCELLO DE ARBO, PRESENTA O PLAN DE REACTIVACIÓN ENTRE OS SECTORES TURISTICOS, COMERCIO LOCAL E EMPRESARIAL DE ARBO FRONTE AOS EFECTOS DERIVADOS DA COVID-19


O Concello fará todo o posible e o que a lei ou normativa o permita, por axudar a todos os sectores e para dinamizar a actividade económica de Arbo

Entre todas as medidas que se van a adoptar, o Concello de Arbo, seguira priorizando as compras no comercio de Arbo e a contratación de obras e servizo priorizando, sempre que sexa posible ás empresas de Arbo.


O Concello de Arbo estuda medidas de reactivación para o sector turístico, comercio local e empresarial de Arbo, a través dun plan de reactivación deseñado polo goberno municipal.
O alcalde, Horacio Gil, reuniuse con representantes dos distintos sectores, para presentar o plan de reactivación e abordar medidas de reactivación ante a crise sanitaria e social polo coronavirus, así como para recoller as propostas e demandas de todos os sectores de Arbo.
Nos encontros, que se manteñen, dende que está permitido as reunión para grupos de dez persoas, levan participando ata o momento, as empresas do parque empresarias, empresas de construción, cafeterías, bares e restaurantes, turismo activo, casas e vivendas de turismo rural, adegas, pequenos comercios. E seguiranse realizando nas vindeiras semanas.

O alcalde avanzou que o Concello de Arbo, esta traballando nun plan que dará resposta e que porá en foco o comercio local, as empresas de turismo e todos os sectores afectados e a súa reactivación virá marcada sempre seguindo as recomendacións do Goberno de España, a Xunta de Galicia e as autoridades sanitarias.
O Documento presentado é un documento aberto ás suxerencias do sector e pretende servir de base para unha proposta final consensuada con todas as partes – informa o alcalde Horacio Gil

O Plan é un documento onde todos os sectores poida achegar as súas ideas e as súas necesidades, para que entre todos saquemos á frote de novo os sectores máis prexudicado pola pandemia do Covid 19. O rexedor, Horacio Gil, segue informando “que estamos nun futuro incerto, donde todo dependerá sempre das medidas que os gobernos tomen tras a crise sanitaria e de posibles rebrotes do virus en distintas partes e do comportamento da poboación en xeral”, pero “queremos escoitar a voz dos nosos sectores e coñecer a súas necesidades nestes momentos tan difíciles e ir da man para facer fronte a crise”.

Dende un primeiro momento dende o comezo da crise sanitaria, o Concello de Arbo, ven prestando axuda ao comercio e empresas que por estar dentro de servizos esenciais permaneceron abertos e cos que a medida que o goberno o establecía iban abrindo as súas portas, coa entrega de material epi, pantallas protectoras, xel, luvas, mascarallas reutilizables, información. Axudas que se seguirán mantendo, así como todas aquelas que permitindo a lei e a normativa poda afrontar o gobernó local. O Concello fará todo o posible por axudar a todos os sectores, así como para dinamizar a actividade económica de Arbo, apunta o alcalde Horacio Gil.




 

Ad Code

Responsive Advertisement