Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Nuevas entregas de dinero de la Deputación a 7 concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de novas achegas por valor de 1.238.919,08 euros ao abeiro do Plan Concellos 2020, que beneficiarán neste caso a sete municipios da provincia: Nigrán, Mos, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Meis e Portas. Con estas axudas o ente provincial leva xa concedidos preto de 15,1 millóns de euros entre as tres liñas do Plan Concellos.
No caso da Liña 1 de Investimentos aprobáronse cinco novas achegas por valor de 665.466,5 euros para tres concellos. Para Nigrán aprobouse unha subvención por un importe de 128.959,32 euros cos que a vila financiará as obras de mellora e restauración de sete lavadoiros municipais. O concello de Mos contará cunha achega de 249.688,42 euros para acometer a ampliación da rede de saneamento integral das parroquias de Louredo, Guizán e Cela. Pola súa banda, para Redondela foron aprobadas tres axudas por 286.818,76 euros. En concreto, 134.179,05 euros irán para o ensanche do camiño do Albarrén entre o camiño de Fortóns e a liña 810 de ADIF, 65.131,77 euros para o ensanche do camiño do Val de Muíño no Viso e 87.507,94 euros para o saneamento do camiño A Costa de Chapela.

Doutra banda, o Goberno aprobou a modificación de catro achegas da Liña 3 de Emprego concedidas aos concellos de Sanxenxo, Soutomaior, Meis e Portas. Os concellos solicitaron estas modificacións para realizar reaxustes nas categorías, duración e orzamento das contratacións debido á situación derivada da crise sanitaria producida polo Covid19. 


Ad Code

Responsive Advertisement