Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Abanca+Deputación = 50 millones para línea de financiación llamada "plan reactivación"

Mobilízanse 50 millóns de euros en condiciones preferentes para á obtención de liquidez, investimentos para emprender e fomentar a dixitalización e a eficiencia enerxética
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E ABANCA LANZAN O “PLAN REACTIVACIÓN” CUNHA NOVA LIÑA DE FINANCIACIÓN PARA PALIAR A CRISE DA COVID

A Deputación de Pontevedra e ABANCA veñen de subscribir o lanzamento do Plan Reactivación, unha iniciativa que dá continuidade e un novo impulso ao Plan Activamos, aplicado nos últimos anos por ambas as dúas entidades para promover o desenvolvemento socioeconómico da provincia ao través da concesión de financiación en condiciones preferentes a diferentes colectivos.
No acto de firma telemática deuse a coñecer a  principal novidade deste ano: a posta en marcha  dun capítulo dedicado especificamente a paliar as consecuencias económicas da crise sanitaria xerada pola COVID-19 sobre as empresas e as persoas autónomas da provincia.

A presidenta provincial subliñou a nova liña de financiación destinada a favorecer ao sector socioeconómico “que necesita tanta axuda nestes tempos nos que temos que adquirir compromisos, cada un nas súas competencias. Cando falamos de actividade económica estamos a falar de emprego, sinalou Carmela Silva, polo que calquera medida que favoreza a saída desta crise merece o noso apoio”.

Pola súa banda, o Director de Negocio Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, explicou que “a renovación desta alianza estratéxica coa Deputación de Pontevedra permítenos apoiar ao tecido socioeconómico da provincia a través da aportación de crédito en condiciones vantaxosas. Neste momento de especial dificultade que están a vivir as pequenas e medianas empresas como consecuencia da Covid-19, esta oferta lles permitirá atender necesidades de financiación, competitividade ou dixitalización”

Condicións preferentes
A través  do Plan Reactivación Pontevedra, ABANCA pon ao dispor dos seus beneficiarios/as diferentes produtos financeiros deseñados para dar resposta ás necesidades das familias, as pemes, as persoas autónomas, e as corporacións locais. A súa filosofía de máxima facilidade de acceso ao crédito tradúcese na ausencia de comisións por estudo, amortización ou cancelación anticipada, a existencia de amplos prazos de amortización e a posibilidade de acollerse a períodos de carencia en determinados casos.
No caso das pemes e autónomos o Plan presta especial atención ás súas necesidades de financiamento a curto prazo. O catálogo de produtos inclúe dúas pólizas de crédito, unha delas de carácter especial destinada á cobertura das necesidades de circulante derivadas da crise do  COVID-19. Outras finalidades contempladas son a creación de novos negocios, a realización de novos investimentos, o fomento da eficiencia enerxética e a dixitalización.
Os produtos para familias están orientados á adopción de enerxías renovables, a mellora enerxética e de accesibilidade no fogar, a dotación tecnolóxica, e a mellora da habitabilidade no medio rural. As corporacións locais contan con financiamento para a realización de investimentos, circulante, avais e  confirming.

Máis de 270 millóns de euros 
Desde a súa creación, baixo a denominación de Plan Activamos, a iniciativa inxectou máis de 272 millóns de euros na provincia de Pontevedra para apoiar a familias, autónomos, empresas e corporacións locais. En 2019 o tecido socioeconómico da provincia de Pontevedra recibiu financiamento por un importe de case 52 millóns de euros. En total realizáronse máis de 2.000 operacións de financiamento cun importe medio de 25.400 euros. Os principais destinatarios do financiamento concedido foron as pemes e persoas autónomas, que protagonizaron o 96% das operacións realizadas.


Lo mismo que hace en Pontevedra, Abanca suele hacer en las otras
provincias gallegas (en la imagen, Ourense)...




Ad Code

Responsive Advertisement