Tamén se acordou a creación dunha mesa local do emprego na que participen asociacións de comerciantes, confraría, asociación pesqueiras e sindicatos ademais das organizacións políticas.
Ao mesmo tempo aprobouse a supresión das taxas as terrazas municipais así como dirixirse a portos de Galiza e Costas do Estado con competencias sobre terrazas para que apliquen a mesma medida.
O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz declarou, “considero de moito interés o debate xenerado en torno a moción que presentou o BNG e agardo que as medidas que nós propoñemos coas enmendas que sexan necesarias por parte dos outros grupos enriquezan o documento que presentamos polo ben de todo o vecindario da Guarda”.
![]() |
Portavoz del BNG en A Guarda, Anxo Vaz |