Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El mundo de las peluquerías y la crisis del coronavirus : normas a tener en cuenta

O conselleiro de Economía, Emprego e industria, Francisco Conde, mantivo unha xuntanza con representantes do sector
A XUNTA TRASLADA AO SECTOR DAS PERRUQUERÍAS UNHA GUÍA CON MEDIDAS PREVENTIVAS A TER EN CONTA NO REINICIO DA ACTIVIDADE
O documento recolle medidas a ter en conta na reapertura, como elaborar un plan de limpeza e desinfección dos locais; establecer protocolos para evitar o contaxio no caso de que xurdan síntomas estando no traballo, e preparar quendas de rotación entre o persoal

Especifica que, cando non sexa posible manter a distancia de seguridade, será necesario o uso de máscaras e reorganizar as áreas de traballo deixando un posto baleiro entre clientes nas zonas de tocadores e lavacabezas 

Aconsella valorar se se poden manter as zonas de espera e suxire retirar todas as revistas, tablets e catálogos de información para evitar a súa manipulación por distintas persoas 

Recomenda que cada estilista teña o seu propio material de traballo desinfectado, que non poderá compartir, ao igual que non se poderán compartir os produtos empregados salvo que estean hixienizados

Apunta que é mellor non usar bandoleira para portar as ferramentas, e utilizar sempre roupa de traballo e calzado específico que non se levará fóra do local e que terá que ser trasladada nunha bolsa pechada para lavar con auga quente

Deben usarse sempre produtos recomendados polas autoridades sanitarias, entre os que non está o ozono

Insta a fomentar o pago por medios electrónicos e evitar a utilización de papel, por exemplo, para a xestión da axenda

Establece a necesidade de fixar horarios de atención preferente para as persoas maiores de 65 anos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha xuntanza por videoconferencia con representantes do sector das perruquerías para abordar conxuntamente o reinicio de actividade que, desde esta semana, xa é posible con cita previa. Neste sentido, estase dando continuidade ao traballo xa realizado con anterioridade, posto que a Xunta puxo o pasado fin de semana á disposición deste tipo de establecementos unha guía con recomendacións específicas que elaborou o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga).

Esta guía recolle medidas a ter en conta antes da reapertura, como elaborar un plan de limpeza e desinfección dos locais; establecer protocolos para evitar o contaxio no caso de que xurdan síntomas estando no traballo, e preparar quendas de rotación entre o persoal para garantir a continuidade en caso de contaxio. Ao respecto, recoméndase identificar ás persoas sensibles, non acudir en caso de febre ou síntomas respiratorios e, para os desprazamentos, empregar un medio de transporte individual.

No relativo ás medidas para garantir a distancia de seguridade de dous metros, a guía especifica que, cando non sexa posible, será necesario o uso de máscaras. Contempla, ademais, a adaptación de horarios e quendas para evitar aglomeracións de persoal; reorganizar as áreas de traballo deixando un posto baleiro entre clientes nas zonas de tocadores e lavacabezas; valorar se se poden manter as zonas de espera e instalar pantallas de separación ou sinalizar no chan advertencias para que se respecten as distancias.

Outro dos apartados deste texto corresponde ás medidas de hixiene. Ademais de lavar as mans con frecuencia e tusir ou esbirrar nun pano desbotable ou no cóbado, recolle recomendacións específicas para o sector. Entre elas, que cada estilista teña o seu propio material de traballo desinfectado que non poderá compartir, ao igual que non se poderán compartir os produtos empregados salvo que estean hixienizados. Tamén di que é mellor non usar bandoleira para portar as ferramentas, e utilizar sempre roupa de traballo e calzado específico que non se levará fóra do local e que terá que ser trasladada nunha bolsa pechada para lavar con auga quente (entre 60 e 90 graos) e os deterxentes habituais. Por outra banda, indica que se empreguen sempre produtos recomendados polas autoridades sanitarias, entre os que non se encontra o ozono.

Sobre a limpeza do establecemento, recoméndase que se ventile regularmente e que se aumente a frecuencia da limpeza dos espazos de traballo e das superficies que máis se tocan. Tamén, na medida do posible, empregar materiais desbotables e, aqueles que se reutilicen, terán que ser depositados despois de atender a cada cliente nun contedor con tapa, pedal e bolsa recambiable para o seu lavado. 

Horarios preferentes para os maiores de 65 anos
En canto ás medidas organizativas, a guía apunta a necesidade de asegurar a dispoñibilidade de produtos para a hixiene de mans (xabón ou solucións hidroalcólicas) e para a limpeza. Tamén, garantir a subministración de material de protección entre os traballadores; poñer á disposición dos clientes en distintos puntos xel hidroalcohólico, especialmente no acceso; ofrecer só auga, preferiblemente en botellas individuais e retirar todas as revistas, tablets e catálogos de información para evitar a súa manipulación por distintas persoas. Ademais, fomentar o pago por medios electrónicos e, se non é posible, ter un recipiente para depositar os cartos; evitar a utilización de papel para a xestión da axenda, por exemplo; e fixar horarios de atención preferente para as persoas maiores de 65 anos e horas e zonas para a entrega de produtos e atención aos representantes comerciais.
O texto conclúe cunhas recomendacións sobre xestión de residuos e di que os residuos ordinarios se desboten da forma habitual e que o material de hixiene persoal como máscaras e luvas se depositen co resto do lixo, en ningún caso nos contedores específicos de vidro, papel ou envases. Se existe material contaminado por unha infección deberá ser colocado nunha segunda bolsa pechada. Inclúe, ademais, unhas instrucións para a colocación correcta da máscara e para o lavado de mans.

Imagen : TeleMundo)



Ad Code

Responsive Advertisement