Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Se lleva a cabo el primer pleno telemático en la historia de la Deputación de Pontevedra

A corporación gardou un minuto de silencio polas vítimas da pandemia e a presidenta fixo un recoñecemento expreso ao persoal sanitario “e a todas as persoas que desde os seus traballos nos están a coidar nesta crise”
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CELEBROU O SEU PRIMERO PLENO TELEMÁTICO QUE DEU LUZ VERDE ÁS NOVAS MEDIDAS PARA PALIAR A CRISE DO COVID19
O pleno aprobou por unanimidade a posta en marcha do pago fraccionado dos tributos para familias e empresas e a prórroga aos concellos dos proxectos do Plan DepoRemse

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, comunicou hoxe á corporación provincial, no primeiro pleno telemático da súa historia, que convocará aos alcaldes e alcaldesas da provincia a fin de “avaliar cos concellos a situación que están a vivir e as consecuencias da crise sanitaria xerada polo Covid19”. Silva confirmou que o vindeiro mércores, 29 de abril, manterá unha primeira reunión cos alcaldes e alcaldesas dos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes, e que convocará un segundo encontro en próximos días co resto dos municipios.

A sesión plenaria comezou cun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do coronavirus, despois da intervención da presidenta provincial que mostrou o pesar da corporación polas persoas falecidas e trasladou “enerxía e o desexo de mellora” ás que están enfermas. Asemesmo, fixo un recoñecemento a todas as persoas como o persoal sanitario, que, desde os seus traballos, “nos está a coidar a todas e a todos”. Igualmente tivo palabras de agradecemento para os concellos, “que están a traballar en primeira liña coa cidadanía”, ás funcionarias e funcionarios da Deputación “polo seu compromiso público e inxente traballo”, é a toda a corporación provincial con referencia expresa ao grupo popular. “Non coincidiremos en todo, pero quero agradecer e destacar a súa altura de miras que me emociona”. A presidenta tamén anunciou que remitirá hoxe a todas as deputadas e deputados o documento de traballo que recolle as máis de 180 medidas adoptadas pola institución nestes 40 días, destinadas aos concellos, ás empresas, á cidadanía e aos sectores produtivos, sociais, culturais e deportivos da provincia.

Pola súa banda, o vicepresidente César Mosquera agradeceu a actuación do grupo do PP por “arrimar o ombro” nas actuacións do Goberno provincial e transmitiu a súa confianza en que non se rompa a unidade de acción. Destacou que o traballo e a toma de decisións da institución provincial dependerán da evolución da crise sanitaria, xa que a día de hoxe aínda se descoñece se a Deputación vai ter máis ou menos fondos para este exercicio: “Non sabemos se nos van restar fondos dos anticipos do Estado ou haberá fondos extraordinarios”, recalcou, para engadir que haberá que ser prudentes nas decisión para non ter “resultados contraditorios” e non “comprometer a capacidade da Deputación”.

Jorge Cubela: “Queremos deixar claro o noso compromiso como Grupo e como Partido na loita contra a traxedia”

O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, sinalou hoxe que “todos os cidadáns e as institucións temos na nosa man frear esta pandemia” e reiterou o compromiso “como grupo e como partido na loita contra a traxedia”. Foi durante o pleno provincial da Deputación de Pontevedra, que se celebrou esta mañá por vía telemática.
Cubela apostou porque “debemos ser unha ponte máis da sociedade civil que loita para conter a pandemia sanitaria, social e económica do coronavirus, que é como entendemos que debe pelexarse esta crise: desde a unidade institucional e cidadá, demostrando un comportamento de madurez democrática. E iso é o que queremos exercer hoxe, apostar pola unidade e o respecto”.

Nesta liña, recordou que o PP ofreceu desde o primeiro momento “un apoio absoluto á toma de decisións nesta casa”. Así, sinalou que consensuaron certas medidas como a aplicación da porcentaxe do superávit que o decreto do estado de alarma permite empregar, “porque as persoas, e non os intereses partidistas, son o importante nestes momentos. Igual non estamos de acordo con todo, poderíamos ter criticadas moitas cousas, pero desde logo entendemos que agora non hai outro escenario que a unidade”.

Cubela tamén reclamou máis medidas ao Goberno provincial. “A Deputación, como administración máis próxima aos concellos, ten moito que ofrecer na loita contra esta pandemia. Entendemos que debe ter presencia e ser parte da solución para os pequenos e medianos concellos da provincia, que están ao límite do seus esforzos para dar resposta ás necesidades que están xurdindo durante o estado de alarma e que se centra, como xa dixen, no apoio ás persoas. Fagamos todavía moito máis”.

Aprobados todos os puntos da orde do día por unanimidade.
Respecto ao pleno, a corporación aprobou todos os puntos da orde do día por unanimidade, entre eles a nova medida que a Deputación destina a familias e empresas, o pago fraccionado dos tributos “case a carta”, un novo servizo ao través do ORAL para facilitar o fraccionamento personalizado, sen xuros, do pago das cotas do IBI, o IAE e o IVTM, unha vez se domicilien os abonos. A medida beneficiará ás veciñas, veciños e empresas daqueles concellos que teñan delegadas na Deputación as competencias do pago e recadación tributaria. Amais, a institución tamén prestará o seu asesoramento aos concellos, na tramitación dos expedientes necesarios para a modificación das súas ordenanzas fiscais en relación coas medidas que decidan adoptar. Esta actuación de flexibilización sen xuros do pago enmárcase na batería de medidas, postas en marcha pola Deputación, como os anticipos aos concellos do Fondo Extraordinario de Liquidez, dotado con 21 millóns de euros. Cara á veciñanza reforzáronse os servizos de atención telefónica e telemática ao través da oficina virtual; prorrogouse o calendario fiscal e o período de pagamento voluntario; ampliáronse os prazos para pagos, notificacións, requirimentos, audiencias e recursos, e estableceuse sistema de identificación para a realización de trámites urxentes e inaprazables, a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal).

O pleno tamén aprobou a modificación das bases do Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) pola que se prorroga o prazo para o remate das 31 obras previstas nos concellos, cun montante total de 11 millóns de euros, e que supón un dos maiores impulsos á obra pública na provincia. O acordo, que permite un respiro importante aos concellos, consiste nunha prórroga de 11 meses, polo que se amplía ata o 31 de maio de 2021. Ao mesmo tempo, o prazo de xustificación administrativa continuará a ser de catro meses dende o remate da obra, polo que pasa ao 30 de setembro de 2021. Deste xeito, a Deputación aposta polo máximo legal permitido en materia de subvencións ao obxecto de despexar incógnitas aos 31 concellos beneficiarios destas obras, con proxectos na súa maioría de mellora da seguridade viaria e humanización dos espazos públicos.
Na sesión plenaria tomou posesión como nova deputada provincial Ana María Mejías, que substitúe na corporación a Isaura Abelairas.


.

Ad Code

Responsive Advertisement