Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O Servizo de Emprego de COGAMI atende a 3.356 persoas con discapacidade dende o inicio do confinamento

Ainda que as instalacións están pechadas ao público dende o 16 de marzo, púxose en marcha o teletraballo para atender ás necesidades de todas as persoas usuarias.

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) atendeu a un total de 3.356 persoas con discapacidade dende o 16 de marzo, o primeiro día no que pecharon todas as oficinas situadas nas sete cidades galegas e puxo en marcha o teletraballo, tralo establecemento do estado de alarma.
O cadro de persoal desta área de emprego, formado por 40 profesionais de orientación laboral e axentes de emprego, continúa mantendo o contacto con todas as persoas inscritas na base de datos que manexan a través do contacto telefónico ou o envío de correos electrónicos, no caso de non poderse establecer a comunicación telefónica.
A través destes contactos, faise un seguimento ás persoas usuarias deste servizo do SIL para actualizar a base de datos que actualmente contempla a 18.521 persoas inscritas como demandantes deste servizo. Estes contactos serven para coñecer tamén cal é a situación laboral actual que contemplan, moitas delas confirmaron estar nun ERTE, outras teñen medo porque contan cun contrato laboral temporal e cren que non será renovado e outras, agradecen poder compartir con outra persoa os temores que están vivindo.
A situación que actualmente viven as empresas está incidindo directamente nos datos de inserción. A pesares da caída do 80% na xestión de ofertas de emprego que chegan dende as empresas, COGAMI rexistra só unha baixada do 10% das insercións laborais con respecto ao primeiro trimestre do ano anterior. “Temos que seguir traballando na busca de oportunidades laborais para persoas con discapacidade”, apunta a coordinadora do SIL, Mary Carmen Ínsua. “Son momentos complexos para as empresas e tamén para o noso colectivo. Nós estamos aquí traballando e prestando servizos gratuítos de orientación laboral especializada en persoas con discapacidade coa finalidade de lograr a inclusión laboral”. 
O SIL de COGAMI: orientación cara ao emprego
O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI está a disposición das persoas con discapacidade que buscan traballo e tamén das empresas que requiran do seu servizo, como xa leva facendo dende que iniciou en 1996.
É colaborador do Colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia e ten autorización como Axencia de Colocación co número 1200000003. Este servizo, se ben está situado nas sete cidades galegas, o equipo de 40 profesionais en orientación laboral e axentes de emprego desprázase tamén ás zonas rurais para atender as demandas destas zonas. 




Ad Code

Responsive Advertisement