Ence contribúe a que as empresas locais manteñan a súa actividade durante a crise

Ence mostra o seu firme compromiso coas pequenas e medianas empresas locais de Pontevedra mediante a compra, á empresa Albino González, de 30.000 máscaras confeccionadas con tea homologada TNT (téxtil non tecido), de acordo á guía técnica do Ministerio de Industria.
Este pequeno negocio situado en Pontevedra reinventouse para subsistir ante a situación actual. Tras 50 anos adicándose á sastrería de cabaleiro, Albino González comezou a confeccionar máscaras, batas, pixamas hospitalarios… Segundo nos explica a súa propietaria, Silvia González, “se non chegamos a adaptarnos, a empresa bota o peche definitivo en menos dun mes, deixando sen emprego a 11 traballadores”.

A situación actual provocou que miles de empresas se viran obrigadas a cesar a súa actividade durante o confinamento, o que podería desembocar, en moitos casos, no peche definitivo dos negocios. Neste contexto, o pequeno comercio foi o máis castigado pola emerxencia sanitaria. Segundo calcula CEPYME (Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa), en torno ao 60% das PEMES atópanse en situación de risco en España, o que supón ao redor de 300.000 empregos. De feito, só na comarca de Pontevedra, o paro aumentou máis dun 4%, sumando un total de 13.037 desempregados, dos cales preto de 5.800 pertencen á cidade do Lérez.
Esta iniciativa, que mostra o firme compromiso da empresa pola súa contorna, súmase á doazón de 24 toneladas de material sanitario, rolos de papel hixiénico e papel secamans, producidos a partir de celulosa, aos hospitais públicos Montecelo e Provincial da cidade de Pontevedra