Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O PP propón á Deputación que as tarefas de desinfección se coordinen cos alcaldes dos concellos

• Cubela pide que continúen tras o estado de alarma, como medida de prevención.
O PP propón á Deputación que as tarefas de desinfección se coordinen cos alcaldes dos concellos
• Solicita que a estas labores tamén se sumen os equipos das brigadas provinciais.
O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, propón ao Goberno da Deputación que as tarefas de desinfección se coordinen cos alcaldes dos concellos onde se van facer estes traballos, xa que están recibindo queixas de rexedores municipais lamentando que ninguén lles comunicara esta decisión e que se enterasen polos medios. “Podemos redoblar esforzos cunha maior coordinanción”, destaca Cubela. “A veces, cunha simple chamada, se adelanta moito traballo. E os alcaldes son os que mellor coñecen a situación nos seus concellos e en que lugares é fundamental reforzar a desinfección das rúas. Por iso, desde o Partido Popular tamén ofrecemos a nosa colaboración neste caso”, engade.

Ademais, o voceiro propón que estas labores de desinfección se prolonguen no tempo máis aló do estado de alarma. “A prevención será fundamental para a volta á normalidade. Coas novas medidas de desconfinamento será necesario desinfectar con maior frecuencia aquelas rúas que marquen os alcaldes. Por iso esta coordinación será fundamental para aliviar a presión sobre os concellos”, valora.

Desde o PP tamén solicitan que a estas tarefas se sumen os equipos das brigadas provinciais, e entenden que a Deputación debe poñelos xa a disposición dos concellos de menos de 20 mil habitantes. “Hai que aproveitar todos os recursos propios e poñelos funcionar polos concellos da provincia”, sinala. Nesta liña, recorda que hai un camión de auga e hai nove brigadas de estradas provinciais distribuídas por zonas e por concellos que, na súa maior parte, estiveron sen traballar desde mediados de marzo. Só un capataz por cada brigada estivo percorrendo a zona por si xurdía algunha incidencia urxente.
Por último, o popular agradece que o Goberno provincial aceptase a proposta que o PP leva facendo desde o inicio desta crise, solicitando que a Deputación tivese maior presencia e fose parte da solución para os pequenos e medianos concellos da provincia, que están ao límite dos seus esforzos para dar resposta ás necesidades que están xurdindo durante o estado de alarma e que se centran, principalmente, no apoio ás persoas.

Jorge Cubela, líder de la Oposición en Deputación Provincial

Ad Code

Responsive Advertisement