Este son os datos actualizados das
solicitudes de Erte presentadas a día de hoxe en Galicia e o número de
traballadores afectados. A Xunta insiste en que está poñendo todos os medios ao seu
alcance e está resolvendo todos os expedientes en
prazo. De feito, actualmente xa se resolveu o 95% deles, refere o Goberno autonómico.
Lembran que os traballadores afectados
por expedientes de regulación temporal de emprego (Ertes) que aínda non
cobraran as prestacións por desemprego do Goberno central poden
solicitar xa á Xunta o seu anticipo. Este é o enlace
ao DOG con toda a información
Comunican, tamén, que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten activa unha páxina web, ceei.xunta.gal/coronavirus, con toda a información relativa ao coronavirus
e ás medidas económicas aprobadas para apoiar o tecido produtivo fronte ás consecuencias do COVID-19.
Ademais, a Xunta puxo en marcha unha liña de teléfono gratuíta para atender as consultas de empresas e traballadores afectados
por un Erte: 900 815 600.