martes

Arbo. Desinfección constante especializada de vehículos municipales y taxis

Concello de Arbo contrata a unha empresa especializada para a desinfección dos vehículos municipales e taxis.
O Concello de Arbo, contrataba a pasada semana a unha empresa especializada para a desinfección con ozono para os vehículos municipais, o camión do lixo e os taxis de Arbo.
O Concello de Arbo puxo a disposición dos servizos publicos a desinfección con ozono dos taxis, para todos aqueles condutores do servizo, como unha medida de prevención de contaxio do COVID-19. O ozono é clave para loitar contra o COVID-19 porque é un desinfectante natural que elimina virus, fungos e bacterias.

Dende o Concello de Arbo estase facendo un plan de loita contra o coronavirus, repartindo pantallas protectoras, xel, luvas... entre todos os colectivos e o comercio local, que teñen que permanecer o público, cun seguimento a todos os sectores.
Con este servizo de desinfección, garántese a mobilidade de todos os veciños e veciñas de Arbo, de forma segura en taxis e referen que "dende o goberno queremos seguir axudando aos que están todos os días nesa primeira ou segunda liña de loita contra o coronavirus", manifesta o alcalde de Arbo Horacio Gil. "Seguiremos traballando pouco a pouco e poñendo todo o noso esforzo en axudar a todos os colectivos e ao comercio local para así entre todos superar esta crise sanitaria", indica o alcalde.