Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Movilidad, ahora, en Galicia : importantes medidas que debes conocer

A XUNTA FLEXIBILIZA AS OBRAS NO INTERIOR DE EDIFICIOS E OS DESPRAZAMENTOS A HORTAS DE AUTOCONSUMO
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a sétima reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), onde tamén participan a Delegación do Goberno e a Federación galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

A Administración autonómica prepara a reapertura nos servizos de rexistro e atención a cidadanía, que retomarán a súa actividade cun sistema de cita previa

Outra das medidas acordadas no seo do Cecop foi a de clarificar o permiso para a recollida da comida preparada en restaurantes, que está autorizada

Poderán realizarse, sempre adoptando as medidas de prevención e protección da saúde, traballos e obras puntuais que teñan como obxectivo realizar reparacións urxentes tanto en espazos ou elementos comúns en edificios con residentes

Acordouse estender ao mes de maio o pago da mensualidade do alugueiro aos beneficiarios do Bono alugueiro social, polo que a Xunta cubrirá ao 100 % o custe do alugueiro da vivenda de 700 familias pertencentes a colectivos desfavorecidos

Foi aprobado a posta en marcha da elaboración dun Plan de Seguridade Hixiénico-Sanitaria para establecementos turísticos, así como certificacións de calidade e seguridade sanitaria


A Xunta de Galicia acordou flexibilizar as obras no interior dos edificios e os desprazamentos a hortas de autoconsumo, polo cal se poderán realizar desprazamentos para o mantemento e atención das leiras sempre dentro do termo municipal da súa residencia habitual. No caso de que a horta estea nun concello diferente ao da súa vivenda habitual, permítese o desprazamento sen superar nunca os 5 quilómetros de distancia desde a casa.

Outra das medidas acordadas no seo da Cecop foi clarificar o permiso para a recollida da comida preparada en restaurantes. Esta práctica está autorizada sempre que se cumpran os requisitos e protocolos establecido polas autoridades sanitarias, se recolla a comida na porta do establecemento para evitar aglomeracións e se respecte a distancia de seguridade para evitar posibles contaxios.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu hoxe a sétima reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), onde se acordaron os criterios de interpretación que clarifican as posibilidades de actuación en obras en interior dos edificios ocupados. Esta decisión adoptouse para atender a demanda dos sectores profesionais afectados –uns 20.000 autónomos en Galicia- pola orde ministerial do 12 de abril, que recolle a prohibición de realizar obras en edificios ocupados, agás obras puntuais de reparacións urxentes ou nas que se poida garantir que non se producen interferencias entre os usuarios e os residentes.

Así, seguindo os criterios de interpretación da Cecop, poderán realizarse, sempre adoptando as medidas de prevención e protección da saúde establecidas, traballos e obras puntuais que teñan como obxectivo realizar reparacións urxentes de instalacións ou avarías, tanto en espazos ou elementos comúns do edificio, como nos elementos privativos do mesmo. Tamén se consideran reparacións urxentes as obras xa iniciadas que se viron afectadas pola paralización derivada das medidas do estado de alarma reforzado. É o caso da instalación, substitución ou reparación de ascensores, de obras para garantir a accesibilidade ou da reparación ou remodelación do interior de vivendas ocupadas na que o estado actual da intervención afecte de modo significativo ás condicións de habitabilidade.

No caso das vivendas unifamiliares, poderán realizarse intervencións sempre que se garanta que a execución das obras, movemento de obreiros e transporte de materiais se realizan por espazos exteriores ou por espazos interiores que serán utilizados en exclusiva polos operarios, sen interferencia cos ocupantes das vivendas.

Medidas no rural
En relación coa mobilidade dos traballadores ás hortas de autoconsumo, o Cecop determinou que as persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados como tales, é dicir, con fins non comerciais, e polo tanto non desenvolvan unha actividade profesional agraria, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención das súas leiras sempre dentro do termo municipal da súa residencia habitual. No caso de que a horta estea nun concello diferente ao da súa vivenda habitual, permítese o desprazamento sen superar nunca os 5 quilómetros de distancia desde a casa. En ambos casos, deberán aportar unha declaración responsable. Desta forma, elimínase a anterior limitación, que era de 500 metros. Así, a consellería do Medio Rural aprobará unha modificación da orde para regular este aspecto.

O Comité aprobou permitir a realización de queimas de restos agrícolas amoreados en terreos agrícolas de explotacións profesionais cando a devandita actuación se faga para evitar problemas fitosanitarios nas explotacións agrícolas. Para a tramitación das solicitudes e a obtención da correspondente autorización, os cidadáns deberán dirixirse aos Servizos provinciais de Prevención de Incendios a través de correo electrónico, e deberán incluír unha declaración responsable da persoa titular da explotación que xustifique a necesidade de realización da queima.

Tamén en relación coa prevención dos incendios forestais, nesta xuntanza o Comité acordou levantar a suspensión do prazo legal para cumprir coa obriga de execución da xestión da biomasa nas franxas secundarias (as dos 50 metros próximos ás vivendas). Así, engádense ao prazo habitual do 31 de maio os días transcorridos durante o estado de alarma, sen que en ningún caso poidan realizarse as limpezas máis alá do 31 de xullo de 2020 inclusive.

Por último, o Comité decidiu tamén aclarar como “funcións de carácter esencial” as desempeñadas polas entidades locais no marco dos convenios interadministrativos para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais, para garantir así a súa actividade durante a emerxencia sanitaria.

O Cecop tamén informou dos avances de cara ao desenvolvemento dun plan de seguridade hixiénico sanitaria no eido turístico que contemple medidas para reforzar a confianza nesta industria unha vez rematen as restricións impostas pola crise sanitaria

Atención presencial no rexistro e atención á cidadanía
Nesta mesma liña, ponse en marcha tamén o protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía unha vez sexan abertos ao público. Este protocolo establece as medidas referidas ás oficinas de atención á cidadanía para compatibilizar a adecuada prestación do servizo público coa máxima protección da saúde dos traballadores que realizan esa tarefa.

De cara a organizar axeitadamente a atención ao público e minimizar os riscos de exposición, tanto para os empregados públicos coma para os usuarios das oficinas, esta atención presencial realizarase solicitando cita previa a través da web www.xunta.gal/cita-previa. en horario de 9 a 14 horas, salvo que polo volume de peticións de citas sexa necesario amplialo. Igualmente, as citas deberán solicitarse cun mínimo de 24 horas de antelación. Estas citas serán atendidas nos rexistros xerais ubicados nos edificios administrativos da Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol e adoptaranse as medidas necesarias para garantir que as citas se asignan coa frecuencia precisa para que non haxa aglomeracións de persoal na oficina.

Bono alugueiro social
A Cecop tamén informou de que a Xunta estende ao mes de maio o pago da mensualidade completa do alugueiro aos beneficiarios do Bono alugueiro social. Tal e como fixo coa mensualidade de abril, a Xunta cubrirá ao 100 por cento do custe do alugueiro da vivenda de de 700 familias pertencentes a colectivos desfavorecidos como desafiuzados por impago do alugueiro ou da hipoteca, afectados por incendios e inundacións, familias en situación de emerxencia social, etc. Igualmente, o IGVS e Xestur non presentarán, nin esixirán o pagamento inmediato dos recibos do alugueiro das vivendas e dos locais comerciais da súa titularidade correspondente ao mes de maio; nin a renda ou canon dos alugueiros ou dereitos de superficie das parcelas da súa titularidade.

Outra das decisións adoptadas é que o IGVS e Xestur poderán conceder prórrogas ou ampliacións de prazos aos adquirentes de solo empresarial, en réxime de compravenda ou dereito de superficie, que o soliciten para executar a edificación e implantación da actividade en dita/s parcela/s, sempre que quede debidamente acreditada a incidencia por mor da crise sanitaria do Covida-19.

Caza
Por último, o Cecop decidiu trasladar ao Goberno do Estado dúas decisións. A primeira, autorizar accións de caza de xeito excepcional naquelas zonas con maior risco, como medida para evitar posibles incidencias que a fauna salvaxe poida provocar e primar así a seguridade das persoas e do tráfico viario, ademais de reducir os danos nas extensións agrarias, no inicio da época de semente. A Xunta decide comunicar esta decisión, despois de que que o Ministerio de Política Territorial e de Agricultura trasladara instrucións contraditorias ao respecto.
O segundo asunto que se trasladará é o criterio propio establecido polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) sobre os tratamento dos EPIs (máscaras , guantes de látex, etc), naquelas empresas nas que a presenza Covid-19 constitúe unha situación excepcional, polo que este refugallo deberá depositarse coa fracción resto.



Ad Code

Responsive Advertisement