Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Llega el archivo digital para el Boletín Oficial de la Provincia (desde 1834 hasta hoy)

Recóllense máis de 43.000 exemplares e preto de 350.000 imaxes reunidas grazas a diversas institucións da provincia e Santiago
O PORTAL ATOPO ESTREA EN FORMATO DIXITAL A COLECCIÓN COS BOLETÍNS OFICIAIS DA PROVINCIA DENDE 1834
Recóllense máis de 43.000 exemplares e preto de 350.000 imaxes reunidas grazas a diversas institucións da provincia e Santiago

O AtoPO , o portal web que reúne os fondos documentais, bibliográficos, cartográficos e audiovisuais do Arquivo Provincial, o Museo e moitos outras institucións municipais e entidades da provincia, vén de facer pública en formato dixital a práctica totalidade da colección dos Boletíns Oficiais da Provincia de Pontevedra (BOPPO) dende a creación da publicación en 1834 ata a actualidade.

Trátase de máis de 43.000 exemplares dispoñibles na súa versión PDF que permitirán ás persoas usuarias o acceso a unha fonte de datos de elevada consulta e abondosa información para o coñecemento da realidade administrativa da provincia. Son preto de 350.000 imaxes que recollen case a totalidade dos números editados, xa que apenas faltan un par de centos de números que se están a procurar para proceder a completar a colección na súa totalidade. A colección ofrecida a abarca a través dos PDF ata o ano 1999, xa que a partir do 1 de xaneiro do ano 2000 todos os exemplares xa podían ser consultados dixitalmente no propio portal do BOPPO .

Foi o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico do Arquivo da Deputación o que levou a cabo o complexo proceso de recuperación de orixinais para este fin para completar a ampla colección da que dispoñía a propia Deputación, tanto na Biblioteca do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico coma no Museo de Pontevedra. Foi preciso acudir a exemplares orixinais conservados en diversas institucións, especialmente do Arquivo Municipal de Vigo, que dispón dunha moi completa colección en papel; ao Arquivo municipal de Tui e á Biblioteca do Instituto Pai Sarmiento de Santiago, así como acceder a algúns exemplares microfilmados con anterioridade.

A historia do BOPPO
O nacemento do Boletín Oficial da Provincia enmárcase nun contexto histórico de transición do Antigo Réxime ao Estado Liberal. Pouco antes do seu falecemento, o monarca Fernando VII estendeu unha Real Orde (20 de abril de 1833) na que se contiñan quince artigos que establecían os obxectivos, os contidos e as premisas ás que se debían axustar os impresores dos boletíns: “Cada capital de provincia un Diario o Boletín periódico, onde se inserten todas as ordes, disposicións e prevencións que tenñan que facerse ás xustizas e concellos dos pobos por calquera autoridade, na que, baixo artículo de oficio, se teñen que insertar ocupando o primeiro lugar as ordes e circulares de calquera ramo que sexan coas prevencións particulares que as autoridades delegadas nas provincias crean deber facer en consecuencia de ditas ordes , ou para facilitar o seu cumprimento”.
A comezos de 1836 o Boletín Oficial era o único xornal que se publicaba na provincia e, aínda que se descoñece o seu lugar de impresión, existe un documento asinado a día 16 de abril de 1836 que parece testemuñar que o Boletín viu a luz por primeira vez en xuño de 1834.

Desde entón, e ata a actual versión dixital, moitísimos foron os nomes que figuraron no pé de imprenta: Manuel María de Vila (primeiro editor ao que se encargou a impresión e difusión do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no ano 1834), V. de Pinto, Hijos de Vila, Núñez Pazos y Compañía, José y Primitivo Vilas, N. Pazos, Antúnez, José Vilas, Viúda e hijos de Verea, Ángel Viñas, Casto Martín, Ramón Núñez, Rogelio Quintáns, José Eiras García, Andrés Landín, Evaristo Pérez Valdés...
Polo que respecta á periodicidade do Boletín, esta configúrase en tres etapas diferentes, de 1834 a 1841, cando se publicaba de xeito semanal os días mércores e sábado; de 1842 a 1870, trisemanal os días luns, mércores e venres; e de 1871 en diante, diario excepto os domingos.



Ad Code

Responsive Advertisement