Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Barro. El PP acusa al alcalde de "estar desaparecido desde el inicio de esta crisis"

O PP de Barro pide ao goberno municipal que habilite unha partida orzamentaria propia para axudar a xente máis vulnerable ante esta pandemia

O PP de Barro considera que o alcalde "está desaparecido dende inicio desta crise" e cree que "xa é o momento de que dé a cara e expoña como e cando vai a repartir as axudas recibidas". 

O líder dos populares, pide unha vez máis ao alcalde, que proceda a convocar xuntas de portavoces, plenos e comisións de forma telemática para poder aprobar axudas urxentes ás familias máis vulnerables, aos autónomos e PEMES. 

O grupo municipal do Partido Popular ven de dirixirse ao concello de Barro e ao seu alcalde con varias peticións sobre a mesa. 
En primeiro termo o PP de Barro, quere agradecer a solidariedade amosada pola Xunta de Galicia e o seu Presidente Alberto Núñez Feijóo co pobo de Barro, "logo de ingresar nas arcas municipais un total de 58.709,50 euros do Fondo de Cooperación Local para contribuír na dotación de liquidez do noso concello, e axudar a loita dos nosos veciños contra os efectos do COVID-19".
Así mesmo, o concello de Barro ven de percibir da Deputación Provincial de Pontevedra Axudas de Emerxencia Social e do Fondo Extraordinario de Liquidez por un valor aproximado de 30.000 euros.

O PP, considera que o “desaparecido goberno de Barro durante esta pandemia, debe recapacitar e dar contas aos veciños de como está a xestionar estas axudas, así como tamén debe pasar dos anuncios aos feitos, é dicir, ten que poñer xa en marcha estas medidas tan necesarias para moitos veciños que seguen agardando por elas de forma agonizante”.
Neste senso, dende o PP consideran que “o goberno de Barro ten por costume alardear da excelente situación financeira da que goza nestes intres o noso concello, por iso pedimos ao alcalde que proceda a habilitar unha partida orzamentaria con fondos propios do concello adicada a axudar aos veciños máis vulnerables, autónomos e PEMES”. O  Partido Popular de Barro quere deixar claro o seu compromiso de apoiar a correspondente modificación de crédito que leve o goberno a pleno.

Por outra parte, o PP propón que as partidas orzamentarias correspondentes o presente exercicio que figuran para levar a cabo a realización de eventos e festexos, “sexan destinadas na súa totalidade e coa maior celeridade ao sector da hostalaría e ao pequeno comercio local, pois moitos destes negocios non van a ter a posibilidade de abrir por non poder pagar a provedores ou o propio aluguer”.
O grupo municipal do Partido Popular de Barro, co obxectivo de protexer e axudar aos seus veciños, pídelle por enésima vez ao alcalde “que proceda a convocar xuntas de portavoces, plenos e comisións de forma telemática para poder aprobar axudas urxentes ás familias, autónomos e PEMES, xa que é algo que só se pode facer nestes órganos”. Landín lembra que “ os concelleiros do PP, como xa lle comunicamos ao alcalde, renunciamos a cobrar o 100% das nosas retribucións por asistir ás citadas sesións co fin de que eses cartos vaian destinados á compra de mascarillas hixiénicas e material sanitario”.

Dende as filas populares tamén lle piden ao goberno de Barro un compromiso claro coas taxas, Landín cree que “se é certo tal e como predica o Sr. Alcalde, que o concello ten pulmón máis que de sobra para non cobralas durante todo o 2020, o grupo do PP de Barro cree que sería unha medida máis que necesaria, e non logra a comprender por qué se están a cargar xa recibos do ORAL nas contas bancarias dos veciños”.

Por último, o grupo municipal do Partido Popular de Barro lembrou que está disposto a dar o paso e colaborar coa xestión do goberno pero, indica o voceiro do PP local, “o alcalde debería consensuar as medidas a tomar con nós, e non simplemente decretalas, máis a pesar de todo elo seguiremos a facer propostas en positivo, tamén seguiremos traballando sen descanso polos intereses da veciñanza, e non temos máis palabras que grazas e orgullo polo esforzo que os nosos veciños están a facer, o cal demostra que Barro é un pobo extraordinario”. 




Ad Code

Responsive Advertisement