Deputación. La Oposición pide reparto de mascarillas entre los menores de la provincia

O PP pide á Deputación que colabore cos concellos para repartir mascarillas entre os menores da provincia 

Sinalan que o luns poderán saír á rúa e é fundamental que o fagan con todas as medidas de seguridade.
Recordan que para moitas familias é imposible acceder a mascarillas, incluso para os menores, porque non hai stock nos establecementos.
O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, recoñece que toda axuda é fundamental na xestión desta pandemia e, por iso, entende que o Goberno da Deputación debe ter maior presencia e ser parte da solución para os pequenos e medianos concellos da provincia, que están ao límite do seus esforzos para dar resposta ás necesidades que están xurdindo durante o estado de alarma e que se central, principalmente, no apoio ás persoas.
Neste sentido, pide ao Goberno provincial que recapacite para que a Deputación de Pontevedra colabore cos concellos e lles facilite mascarillas, principalmente para os menores que poderán saír á rúa a partir do luns. Apunta que as familias están preocupadas en como facelo con todas as garantías de seguridade, e por iso os concellos co apoio da Deputación deben dar unha resposta urxente.  “É momento de sumar e traballar todos xuntos”, destaca Cubela, “e por iso desde o PP, como fixemos durante todo este mes, seguimos propoñemos medidas que consideramos importantes e urxentes”.

 Cubela sinala que “unha vez que a o Goberno central foi incapaz de xestionar a centralización do material, a Deputación é a única administración nesta provincia que segue sen repartir nin unha soa mascarilla, guantes u outro material de prevención entre os concellos, cando é a administración máis próxima a eles. Agora ábrese unha oportunidade para colaborar, xa non só cos concellos, senón con todas as familias desta provincia”. 
Cubela recorda que a Deputación da Coruña, gobernada tamén polo PSOE, distribúe 230 mil mascarillas entre os 93 concellos da provincia, e o fai a través da plataforma loxística da Xunta. “É difícil explicar porqué uns si colaboran coa Xunta e cos concellos mentres outros rexeitan esta posibilidade”.

Tras hacerse pública la posiciòn del PP en la Deputación, el Gobierno de este organismo se ha dado por aludido y emitió la siguiente nota :
O deputado provincial Carlos Font, agradeceu hoxe de forma expresa ao grupo provincial do Partido Popular “a boa idea que trasladou para que a Deputación de Pontevedra poda distribuír entre os concellos da provincia máscaras para as nenas e nenos, cara á saída dos seus domicilios que poderán realizar desde o próximo luns día 27 de abril.

Font comunicou que a institución provincial estaría encantada de poder facelo e xa se ten dirixido á Xunta de Galicia para que, da forma máis inmediata posible, remita á Deputación de Pontevedra un total de 200.000 máscaras co compromiso de comezar o seu reparto nos municipios da provincia que, a súa vez, poderán distribuílas entre as familias con nenas e nenos de menos de 14 anos.

O deputado sinalou que “nos diriximos á Xunta de Galicia xa que é a autoridade competente e a que dispón do mando único para o reparto de material de protección”. Amais, Font engadiu que a Xunta “non terá problema algún en facernos chegar este material, tendo en conta que recibiu do goberno do estado case 2 millóns de máscaras”