Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Arrecian las polémicas en Barro : ahora sobre desaparecidas banderas y escudo del Concello

O PP denuncia que hai varios meses que as bandeiras española e galega non ondean no Concello de Barro
O voceiro Jose Antonio Landín critica que non é a primeira vez que o alcalde quita as bandeiras sen ningún tipo de explicación.

Recorda que hai dous ou tres anos sucedeu o mesmo, e tivo que volver a colocalas polas queixas dos veciños.

O grupo municipal do Partido Popular no concello de Arbo denuncia que o alcalde leva varios meses "incumprindo a Lei sen izar as bandeiras de España e de Galicia, como é obrigatorio". 
O voceiro popular, Jose Antonio Landín, recorda que “non é a primeira vez que o alcalde incumpre a Lei e quita as bandeiras sen ningún tipo de explicación”. Así, sinala que xa hai dous ou tres anos que fixo o mesmo, e recolocounas polas queixas dos propios veciños.
Por iso, Landín critica “esa insistencia do alcalde coas bandeiras, mentres está desaparecido nun asunto tan importante como tomar decisións e aprobar medidas para protexer aos nosos veciños durante o COVID-19”. 

Ademais, os populares engaden que á eliminación das bandeiras da Casa do Concello hai que sumar a substitución paulatina do escudo oficial do Concello, “unha decisión que tomou o alcalde de xeito unilateral, sen consultar con ninguén nin ser aprobado polos órganos do Concello”. Recordan que o escudo o fixeron estudantes e profesores do centro Amor Ruibal, “e agora o cambiaron por un deseño que non sabemos nin quen o fixo, nin canto costou, porque se fixo de costas dos veciños e sen acordo plenario”. 

Por último, o voceiro sinala que o PP tamén continúa esperando unha resposta á proposta que plantexou ao Goberno local, para habilitar unha partida orzamentaria propia para axudar á xente máis vulnerable ante esta pandemia. Por iso, pide unha vez máis ao alcalde que proceda a convocar a xunta de portavoces, plenos e comisións de forma telemática para poder aprobar axudas urxentes ás familias máis vulnerables, aos autónomos e PEMES. 

Polémica en relación al emblema, constata el PP




Ad Code

Responsive Advertisement