Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

"Areeiro" continua avisando sobre patógenos en frutales y plantas hortícolas

O centro dependente da Deputación de Pontevedra lanza un novo aviso fitosanitario referido a kiwis, maceiras, marmeleiros, froiteiras de óso, cítricos, plantas de horta, buxos e camelias
AREEIRO CONTINÚA A ALERTAR SOBRE OS PATÓXENOS FAVORECIDOS POLA HUMIDADE EN FROITEIRAS E PLANTAS HORTÍCOLAS
Despois das recomendacións desta semana sobre as viñas, a Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario relativo a diferentes froiteiras e plantas hortícolas. Principalmente os avisos e recomendacións que traslada a institución provincial, afectan a kiwis, maceiras, marmeleiros, froiteiras de óso, cítricos, plantas de horta, buxos e camelias.

Deste xeito, no que atinxe ao kiwi, as precipitacións e temperaturas máximas máis baixas que se rexistrarán estes días continuarán a xerar condicións favorables ás bacterioses, polo que haberá que continuar coas aplicacións de cobre ou Bacillus subtilis . Pola súa banda, no caso da maceira, as condicións meteorolóxicas previstas tamén favorecen ao patóxeno causante do moteado, polo que cómpre facer revisións periódicas na procura de síntomas.

O aviso da EFA refírese tamén nesta ocasión ao marmeleiro, onde comezaron a observarse claramente os síntomas da Entomosporium macculatum. De non controlala, esta patoloxía pode provocar unha  defoliación prematura das árbores que dificulta a madureza dos marmelos. De momento en ningún caso se observaron danos, pero Areeiro suxire permanecer alerta ante a proximidade dun novo período de choivas.

En canto ás froiteiras de óso, apreciouse a aparición en árbores de diferentes predios dalgunhas enfermidades fúnxicas pola presenza de varios patóxenos. Dado que está previsto que volvan as choivas, é de esperar que continúen avanzando estes patóxenos, polo que a EFA sinala que é conveniente tratar con funxicidas que non se laven ca choiva no caso de que xa haxa danos de gravidade. 

No que atinxe aos cítricos, que nesta época están en brotación, favorecida pola climatoloxía actual, a Estación Fitopatolóxica apunta que os brotes tenros favorecen a aparición de insectos chupadores como a psila africana (Trioza erytreae), as moscas brancas, pulgóns ou cochinillas. Neste senso, a EFA sinala que se a presenza de gromos afectados é aínda escasa, situación máis frecuente nestes momentos, unha boa medida de contención é ir eliminándoos e destruíndoos. Tamén a instalación de trampas engomadas amarelas nos bordos de onde hai cítricos contribúe a reducir os adultos que poden chegar a eles.

A citada climatoloxía está a provocar xa danos importantes  nalgunhas plantas de horta, desde todo tipo de verduras ata cebolas, pementos ou patacas, por caracois e babosas. Nestes casos, ademais dos remedios naturais e mecánicos que se poidan estar adoptando, Areeiro subliña que está xustificado o uso dalgún produto a base dunha das dúas únicas materias activas autorizadas fronte a estes animais: fosfato férrico ou metaldehido. Amais, recomenda non esquecer o mantemento da protección das plantas fronte aos diversos fungos que lles poden afectar para evitar os danos á colleita que poden producir debido ás precipitacións desta primavera. 
Tamén suxire non descoidar a vixilancia da Cydalima perspectalis no caso do buxo, porque as eirugas desta especie fan niños nos que se agochan. Nas fincas visitadas esta semana, observouse unha nova sebe moi sombría onde aínda quedaban eirugas alimentándose e causando danos, cando o máis habitual nas plantas controladas é a presenza de crisálides. 
Por último, o aviso da EFA refírese á camelia. Areeiro detectou a presenza cada vez máis notoria de brotes e sinala que nesta época débese eliminar o ápice e as últimas follas das plantas para controlar o seu desenvolvemento. Con esta práctica elimínase tamén parte das follas onde se están a situar as colonias dos pulgóns. Porén, se son demasiados brotes os afectados non será suficiente con esta operación e neste caso Areeiro apunta que pode ser preciso aplicar un tratamento para evitar danos.


Hai que lembrar que mentres permaneza o estado de alarma decretado polo COVID-19, a EFA reduce os percorridos polos cultivos da provincia fronte ao que é a rede de seguimento habitual, que está formada polas parcelas de seguimento da propia Estación Fitopatolóxica, outras fincas visitadas e os datos aportados por técnicos e viticultores. 



Ad Code

Responsive Advertisement