Ence, referente do seu sector en desempeño ambiental nas súas biofábricas de Pontevedra e Navia, segundo a avaliación de WWF
A actividade de Ence nas súas biofábricas de Pontevedra e Navia
(Asturias) atópase por encima da media do sector da pasta de celulosa, o
papel e os produtos de embalado en canto a parámetros ambientais e de
transparencia. A compañía é, deste xeito, referente
para o resto de empresas, ao obter unha cualificación de 74,3 puntos
sobre 100, segundo a organización non gobernamental WWF, a través do seu
informe “Environmental Paper Company Index” (EPCI) de 2019, que
destaca moi positivamente a xestión da subministración
de madeira da compañía.
O
índice elaborado por WWF é unha ferramenta de participación voluntaria
que ten como obxectivo aumentar a transparencia do sector, ao mesmo
tempo que impulsa a conciencia de como a pasta de
celulosa, o papel e os produtos de embalado poden reducir a súa pegada
ambiental.
Ence -
Energía y Celulosa forma parte do conxunto de trinta empresas que, a
nivel internacional, participaron de maneira voluntaria nesta
avaliación. Para iso, Ence colaborou con WWF achegado
información acerca dos seus indicadores de abastecemento e consumo de
materias primas, certificacións, proceso de produción de celulosa,
emisión de gases de efecto invernadoiro e xestión do consumo de auga,
entre outros parámetros. Avaliouse o total da produción
das súas dúas biofábricas.
Na
categoría de pasta de celulosa, Ence logrou unha puntuación do 74,3 % do
total dentro do índice EPCI. Sitúase, desta forma, por encima da media
das firmas do sector da pasta (66 % de media).
Un
factor importante é a calidade ambiental das súas biofábricas de Navia e
Pontevedra, á vangarda mundial do sector en desempeño ambiental. De
feito, ambas as plantas dispoñen dun Sistema Integrado
de Xestión conforme ás normas ISO 9001 e 14001, e están adheridas ao
regulamento EMAS, ademais de contar co selo “Nordic Swan”, o selo
ecolóxico oficial dos gobernos escandinavos e a ecoetiqueta europea EU
Ecolabel.
O
apartado no que Ence destácase moi por encima da media do sector é no
abastecemento responsable de fibra, obtendo unha puntuación de 89%
dentro do índice EPCI, sendo a media do sector da produción
de celulosa do 74%, e a do total da industria avaliada por WWF do 76%.
Isto
débese, en gran medida, á aposta de Ence pola certificación forestal, en
particular FSC®, en España, que garante un modelo de xestión
responsable, non só das masas forestais que xestiona
directamente a compañía, senón estendendo tamén esta política á súa
cadea de subministración, fomentando a certificación das superficies de
socios e colaboradores.
Grazas
a este empeño, un 82 % da madeira que se procesa nas biofábricas de
Pontevedra e Navia (Asturias) dispoñen de certificación forestal (FSC®
Código de licenza FSC- C081854) e conta con
trazabilidad de xestión. Todo iso contribúe de maneira activa á
creación de valor para propietarios e á xeración de emprego no sector
forestal no medio rural.