Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La Xunta lamenta que el bigobierno les tome el pelo con los retrasos del AVE


O director xeral e Adif Alta Velocidade realizou unha visita institucional ás obras sen convocar a ningún representante do Goberno galego, que vén demandando de forma reiterada información sobre os traballos nos últimos meses
A Xunta continúa á espera de que o Goberno responda á súa solicitude de creación dunha comisión conxunta de seguimento das obrasO alto cargo de Adif confirmou hoxe un novo retraso ao situar en xuño de 2021 a entrada en servizo do AVE a GaliciaConcreta esa data mesmo antes de comezar as probas de seguridade, en contra do que viña sendo o criterio habitual de AdifAdemais, leva a finais de xuño de 2020 a entrada en servizo do treito Zamora-Pedralba, comprometida polo ministro Ábalos para o ano 2019A Xunta lembra que o ministro de Fomento se comprometeu con Galicia e cos galegos a que as obras do AVE rematarían a finais de 2019 Emprázao a exixir explicacións do retraso aos responsables de Adif que lle presentaron un cronograma e o incumpriron
A Xunta de Galicia lamenta que o Goberno de España desprece sistematicamente as solicitudes de información sobre o AVE mentres aumenta o retraso acumulado nas obras. O director xeral de Adif Alta Velocidade realizou hoxe unha visita institucional de supervisión dos traballos na liña entre Madrid e Galicia sen convocar a ningún representante do Goberno galego, que ven demandando de forma reiterada información oficial sobre a evolución das obras.
A Xunta continúa á espera de que o Ministerio de Transportes dea unha resposta á solicitude formulada pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, de constitución dunha comisión de seguimento das obras do AVE a Galicia, similar ás creadas con outras comunidades autónomas.
A Administración autonómica lamenta, tamén, que o alto cargo de Adif confirmase  un novo retraso, ao situar en xuño de 2021 a entrada en servizo do AVE a Galicia. Ademais, sinala a incoherencia que supón que o administrador ferroviario concrete ata o mes de entrada en servizo cando nin tan sequera comezaron as probas de seguridade, un cambio significativo no criterio habitual de Adif.
O director xeral do organismo, situou ademais a finais de xuño deste ano a posta en servizo do treito entre Zamora e Pedralba, que estaba comprometida polo ministro José Luis Ábalos para o ano 2019.

O ministro de Transportes comprometeu oficialmente en Galicia que as obras do AVE rematarían a finais de 2019. A Xunta considera que José Luis Ábalos debe exixir explicacións e responsabilidades dos técnicos de Adif que lle trasladaron un cronograma que non se cumpriu.

Mientras otros -después de tener el AVE- están a punto de tener ya AVE Low Cost,
en Galicia ni durante todo el Año Santo tendremos un servicio AVE al completo...


Ad Code

Responsive Advertisement